Manuel Sánchez Fornet
Rodríguez Morilla
Fernández Olmedo
Mª Rodríguez Álvarez
Nuria García García
José Antonio Turrado
Carlos Gonzalez Armada
Wifredo Espina
jmm caminero
Diego Fierro Rodríguez
Luis Méndez Viñolas
Luis Meléndez
Fernández de Obeso
Aitor Veiga
Diego Catriel
Antonio de Yturriaga
Ignacio Ortiz Palacio
David García Vázquez
Dios Ramírez Heredia
Tomás Cruz Varela
Fernández-Sanguino
Eduardo Prieto Casares
Óscar Lomba Álvarez
José Parafita Fraga
Enrique Arias Vega
Fernando Navas
Joan Llopis
Domingo Sanz
IOLANDA TEIXEIRO REI
David Casarejos Moya
Miguel Cancio
Hoy:
00:00 / 00:00



O concello de Ferrol e Narón veñen de comemorar a Semana da mobilidade. Vemos nos xornais unha foto duns nenos con monopatíns e bicis nunha praza das poucas nas que as crianzas poden facer uso deles sen perigo de ser atropelados por un carro ou polas queixas da clientela das terrazas de hostalería. Parece que en Ferrolterra o dos vehículos con dúas rodas só se tolera o Día da Mobilidade para tirar de foto para a prensa.
Este 8M volven ás rúas a se vestir de lila. Non de púrpura senón de lila. Os días previos ensaian as batuqueiras que percusionarán aos ventos denuncias de desigualdades de xénero. Gostaría de saber cantas falsas autónomas traballarán na produción, venda e distribución do merchandansing feminista. En que obradoiros ocultos por todo o planeta fabricaranse os panos e camisetas que lucirán milleiros de feministas este oito de marzo. Quizais esa feminista do xigante téxtil que pon a Galiza no mundo, segundo di esoutra feminista nacionalista, fará unha boa caixa coa sección lila deste día.



