GONZALO CABALLERO LAMENTA O “BAILE DE SILLAS IRRELEVANTE PARA GALICIA” ANUNCIADO HOXE POLO PRESIDENTE DA XUNTA

Información
Actualidad 15 Septiembre 2021 776 Votos Correo electrónico Imprimir
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
social youtube xornalgalicia   feed-image

O líder dos socialistas galegos sinala que Feijóo emprega unha “cuestión política interna do PP” para “desviar a atención dos principais problemas do país”

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2021. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, lamentou hoxe que o presidente da Xunta teña convertido o Consello da Xunta nun “baile de sillas irrelevante para Galicia”.

O líder dos socialistas galegos lamentou que “en lugar de preocuparse da xestión da pandemia, das listas de espera, da falla de profesores, da falla de traballo ou da caída da natalidade dos galegos e das galegas, atopámonos con que o goberno galego está pendente de xogos florais internos sen ningún tipo de transcendencia para o país”.

Caballero criticou que o presidente da Xunta se dedicara a facer unha sorte de “xogo das sillas” dentro de San Caetano. Sinalou graficamente que, “cando pasou ano e medio das eleccións autonómicas e cando estamos preocupados de rematar coa vacinación, o presidente da Xunta apaga a música e só mantén coma deputados aos dous vicepresidentes do goberno.

Lamentou que o presidente da Xunta estea “máis preocupado de alimentar titulares estériles nun exercicio de escapismo da sesión de control do Parlamento para agochar o seu fracaso na xestión da sanidade pública ou o despido dos profesores de apoio no ensino público de Galicia”.

campana_de_propinas