Outra mina do Goberno de Feijóo (PPdeG) para parar en Galiza

Información
Portada 22 Febrero 2016 2028 Votos Correo electrónico Imprimir
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
social youtube xornalgalicia   feed-image

A pancarta coa lenda "Galiza non é unha Mina: Defende a Terra, Defende a Vida" viuse obrigada a viaxar unha vez máis: onte chegou ata Zas, para acompañar a representantes da federación de nove asociacións veciñais Pico da Meda na presentación de 307 alegacións e 1.187 sinaturas contra os proxectos mineiros do Grupo M-FM 2001 SL.

E alí estivo tamén ContraMINAcción, apoiando a veciñanza e interesándose polas súas preocupacións en torno ao tema: as persoas que moran na zona manifestan por exemplo as grandes dificultades que enfrontan á hora de elaborar as alegacións, pola falta de información completa e as dificultades de acceso aos expedientes, ademais de o breve prazo dispoñíbel. Tras informarse, moitos veciños xa están a organizarse para rexeitar rotundamente a introdución dunha actividade contaminante de estas características.

O proxecto mineiro chamado Isabela II é cinco veces maior que o de Corcoesto, que xa foi cancelado.

O novo proxecto afecta aos concellos de Zas, Santa Comba, Vimianzo e Coristanco. As súas consecuencias potenciais negativas para a área afectada son moitas, segundo as análises. En primeiro lugar, unha mina de ouro a ceo aberto implica o uso de cianuro, un veleno moi contaminante e mortal, maquinaria pesada, recursos públicos, camiños e carreteiras, electricidade, e supón a introdución dunha actividade industrial moi agresiva nunha zona agrícola e gandeira -entre 1.500 e 2.000 explotacións de vacún afectadas-, con actividade de caza e pesca, apicultura e outras propias das zonas rurais.

As alegacións presentadas ao proxecto Isabela II refírense entre outras moitas cuestións a falta de planos de situación dos labores; a falta dun estudo xeolóxico e estudos de impacto ambiental; a indeterminación da afectación aos bens arqueolóxicos, paisaxísticos e etnográficos; a inviabilidade de un aproveitamento racional de recursos e o incumprimento de diferentes leis e normas.

Desgraciadamente, o caso non e único. As minas proliferan en toda Galicia. Por este motivo, xurdiu a Rede contra a Minaría Destrutiva na Galiza ContraMINAcción, que agrupa a 22 colectivos e está permanentemente mobilizada en torno a esta temática.

ContraMINAcción esixe a denegación do permiso ao proxecto Isabela II

Para máis información: Guadalupe Rodríguez 606 146 055 / Margarida Prieto 659 985 308

ContraMINAcción: http://www.mineriagalicia.org Email: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. / Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
Facebook: facebook.com/contraminaccion/ Twitter: @mineriagalicia