A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón afirmou que Feixóo non pode “usar a maioría absoluta como un cheque en branco” para desmantelar a sanidade pública. Pide ao Presidente da Xunta que escoite o clamor da cidadanía, retire a “contrarreforma” da Lei de Saúde e non converta a enfermidade nun negocio para uns poucos.

 

A líder do BNG, Ana Pontón participou na multitudinaria  manifestación  que percorreu hoxe as rúas de Compostela convocada pola plataforma, SOS Sanidade pública. Dende a faixa que encabezada a mobilización, Pontón denunciou  que “nos últimos anos recortáronse máis de 3.000 profesionais, deixaron de utilizarse 700 camas, aplicáronse repagos  que impiden o acceso de  moitas persoas enfermas   á sanidade e as listas de espera seguen medrando”

Hoxe, dixo, Pontón esta manifestación na que estamos  miles de galegos e galegas, quere darlle un toque de atención ao goberno do Partido popular porque non pode “usar a maioría absoluta” que lle deron os cidadáns “contra as persoas deste país” e moito menos, recalcou, “converter a enfermidade nun negocio para uns poucos”.

Faixa do BNGFeixóo encastelado na maioría absoluta  

A  portavoz nacional do BNG asegurou que temos a un presidente da Xunta “encastelado na súa maioría absoluta” que usa, reiterou como “un cheque en branco” para desmantelar o sistema sanitario público galego.

Pontón pide a Feijóo, que a demais de escoitar as demandas dos cidadáns na rúa escoite as propostas da oposición. Neste sentido,dixo, O BNG, quere que se retire a contrarreforma sanitaria que vai a deteriorar aínda máis a sanidade pública e que pretende desmantelar os hospitais comarcais.

Plataforma SOSO BNG propón un Plan de mellora dos servizos sanitarios

Entre as propostas para frear os recortes, Pontón salientou a posta en marcha dun Plan para mellorar os servizos públicos, e  de maneira esencial na Atención primaria. Neste ámbito,  o “BNG rexistrou unha modificación da Lei de Orzamentos” para destinar  máis de “232 millóns de euros” á Atención primaria gravemente afectada polos recortes e porque é  “a porta de entrada ao sistema sanitario”, explicou.

Pontón afirmou que hoxe en día, resulta moi difícil acceder a unha cita médica dun día para outro, síntoma evidente  das consecuencias e deterioro dos recortes. A nacionalista reiterou que a masiva  manifestación de hoxe en Santiago de Compostela, debe facer reflexionar a Feixóo e ao Goberno galego porque a cidadanía lle está a transmitir que “a saúde é o máis importante que temos”. A saúde  non se pode converter  nun negocio, “para uns poucos” e  hai que parar, de maneira urxente, os recortes e a as privatizacións.

  • La Comisión de Transparencia de Galicia investiga la financiación de la campaña electoral del PSdeG en A Coruña gestionada por su Secretario General Lage Tuñas.

    Xornal Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Vigo Santiago Localidades[…]

    La Comisión de Transparencia de Galicia investiga la financiación de la campaña electoral del PSdeG en A Coruña gestionada por su Secretario General Lage Tuñas. PLADESEMAPESGA estudia con su gabinete jurídico pedir la nulidad de las elecciones municipales en el Concello de A Coruña y medidas cautelares para el 10 de Noviembre de 2019, y con ello anular todos los contratos y convenios municipales, subidas de sueldos desproporcionadas por carecer de la presunta legitimidad electoral para sus firmas.Bajo el exediente RSCTG 143/2019 la Comisión de Transparencia requiere al Concello de A Coruña, PSdeG y Lage Tuñas informe del por que le ha negado a Xornal Galicia la información de derecho público sobre la campaña del PSdeG y sus candidatos para acceder a la alcaldía de A Coruña, quien la pagó o financió y las causas del por que niegan esa información, al parecer según las fuentes de Xornal Galicia no existe ninguna iinfromación ni contabilidad, contratos publicitarios, carteleria, pagos por la organización de eventos etc, lo que podría ser un delito electoral que podría llevar emparegado la anulación del Gobierno Municipal y entre otros de[…]

Mar Sánchez Sierra CONVIERTE LA PRESIDENCIA DE LA XUNTA con su cargo y acciones en una pirámide de acoso judicial, persecución institucional, amenazas y coacciones utilizando altos cargos de la Xunta contra Miguel Delgado Director de Xornal Galicia y Presidente de Pladesemapesga.


esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi