Evencio Ferrero e Marcos Trigo presentaron hoxe o programa

Case sen tempo a dixerir o turrón, xa empeza a recender a lacón, filloas e grelos. Pero este ano en Carballo non só imos darnos un atracóngastronómico, senón tamén cultural. O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo, presentaron hoxe o programa de actividades que se desenvolverá durante a festa máis transgresora, como a definiu o propio Ferrero. “O Entroido é unha festa para desfrutar, para estar na rúa, para transgredir”, manifestou.

 E con eses obxectivos está deseñado un completo cartel no que colaboran distintos departamentos municipais e o tecido asociativo do noso concello.

Porque coas actividades de Entroido, ademais de implicar a público de todas as idades, tamén tratamos de estender a festa a todo o territorio, e nese sentido o alcalde destacou moi positivamente o feito de que cada vez sexan máis as entidades das parroquias que se suman ás celebracións dinamizando, como se pretendeu desde a súa creación, a cada vez máis ampla rede de centros sociais do noso concello.

O Entroido en Carballo arrancará o xoves 8 de febreiro cos obradoiros infantís que se van celebrar no CEIP Canosa-Rus, pero tedes todos os detalles no programa que se adxunta. Un dos días grandes será o domingo 11, co concurso e desfile de disfraces, comparsas e carrozas, que presentará o actor Pepo Suevos e no que repartiremos máis de 8.000 euros en premios. Mañá mércores abre o prazo de inscrición, e tanto o impreso como as bases de participación poden descargarse ao final desta nova. A orquestra Trébol e Rocío Pérez animaran os bailes organizados pola Concellaría de Terceira Idade para o domingo e o martes de Entroido, que este ano será festivo local. E o martes, ademais, celebraremos o Enterro da Sardiña, que cada ano acada máis sona e maior participación. E xunto a esas dúas actividades de referencia, o Entroido en Carballo tamén contará con charangas, concursos, regueifa, obradoiros, chocolatada, doces e cocidos. En definitiva, non faltará de nada!

O concelleiro de Cultura animou a toda a veciñanza a participar, a saír ás rúas e a desfrutar das actividades programadas para estes días. E tanto Marcos Trigo como Evencio Ferrero felicitaron a Juan Gende, deseñador do cartel, por conseguir que "Tony Manero se pase ao lado escuro" para gozar do Entroido en Carballo.

  • Alberto Nüñez Feijóo y Mar Sánchez Sierra pueden ser los siguientes imputados en México por las tramas de Pemex y la conocida en Génova como la TRAMA DEL NORTE.

    Xornal Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Vigo Santiago Localidades[…]

    Alberto Nüñez Feijóo y Mar Sánchez Sierra pueden ser los siguientes imputados en México por las tramas de Pemex y la conocida en Génova como la TRAMA DEL NORTE.  Feijóo y Mar Sánchez Sierra conocen como pocos gallegos el Mole poblano, los Tamales mexicanos, la Cochinita pibil, el Elote. los Tacos Gobernador, el Ceviche mexicano y por supuesto no podría faltar la "Enfrijolada" todos ellos platos típicos de Querétaro en México acompañados de sus correspondientes "Mariachis" cuya escuela de Avión en Ourense les hizo la boca agua al son de Carlos Slim, Olegario Vázquez Raña, etc donde dieron inicio al sabor de los mariachis cantando Cielito lindo o los tacos y antojitos, sus veraneantes llegan en jet privado a Peinador o Vigo, donde sus chóferes les recogen en los coches de lujo de su propiedad y les conducen durante una hora llena de curvas hasta Avión mientras Feijóo da las ordenes precisas para que el coche oficial de la Xunta triplique el brillo y se ponga a punto para ribalizar con el lujo del pueblo Ourensano. https://www.autonocion.com/avion-el-pueblecito-gallego-que-acoge-la-mayor-cantidad-de-ricos-y-coches-de-lujo-por-habitante/TODA LA PRENSA INTERNACIONAL SE HACE ECO DE LA INFORMACIÓN, LOS DIARIOS IMPRESOS[…]

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi