Fomento gastou 2M de euros nun heliporto en Lires que se mantén pechado e sen funcionamento

Información
;Portada 01 Diciembre 2017

A catástrofe do Prestige tivo a súa zona cero na Costa da Morte, pero 15 anos despois non houbo avances efectivos en materia de prevención e protección dunha zona mariña pola que seguen a transitar centos de barcos con mercadorías perigosas, e que está marcada ademais por unha alta sinistralidade.

 

Neste contexto, o BNG reclama unha base de salvamento marítimo na Costa da Morte para dar un servizo que non cubre o heliporto “fantasma” de Lires no concello de CEE.

“Esta base fantasma é un auténtico despilfarro de recursos públicos, pero o mais grave é que a Costa da Morte segue sen ter un servizo de salvamento marítimo rápido, unha cuestión fundamental, porque cando falamos de salvar vidas no mar cada minuto conta e cada minuto é decisivo”, salientou a portavoz nacional do Bloque, Ana Pontón, que se desprazou ata Lires para coñecer de primeira man o estado desta infraestrutura, acompañada polo concelleiro do Bloque en CEE, Serxio Domínguez, así como do alcalde de Carnota e doutros responsables municipais dos concellos da Comarca.

Pontón fixo fincapé nos cerca de dous millóns de euros malgastados nun heliporto e nunha nave que están inoperativas e coas instalacións pechadas, ao que se suman os 13 millóns de euros de adquisición dun helicóptero, agora con base en Santiago. “Habería que preguntarse se José Blanco e Ana Pastor, -ambos ex responsables do Ministerio de Fomento co PSOE e co PP-, non deberían pagar este despropósito dos seus petos”, alegou a dirixente do Bloque.

“Non é entendible que despois de gastar dous millóns de euros nunha nave estea pechada, non é comprensible que despois do Prestige vexamos que non se avanzou nada, o que é unha proba máis da falta de respecto do Goberno central con Galiza”, criticou.

Esta proposta para ubicar unha base de salvamento mariño na Costa da Morte será trasladada ao Parlamento, e debe ir precedida do correspondente estudo técnico para establecer cal é localización máis acaída e evitar un novo fiasco como o do heliporto de Lires, un aeródromo cuxa operatividade quedou moi restrinxida pola Axencia estatal de seguridade aérea (AESA). De feito, o helicóptero foi trasladado a Santiago e as instalacións levan cerca de tres anos pechadas.

Ademais, o Bloque tamén demanda unha base de loita contra a contaminación mariña, aínda que neste caso a ubicación idónea sería o porto de Brens no propio concello de CEE.

“O que non ten sentido é que os medios de loita contra a contaminación mariña estean almacenados nunha nave no Concello de Fene, teñen que estar na Costa da Morte para facilitar unha resposta rápida ante calquera incidencia”, indicou Pontón, “e por suposto con persoal activo as 24 horas do día en ambos casos, tanto na base de salvamento como na de loita contra a contaminación”.

Día da dignidade

A portavoz nacional do Bloque volveu reclamar a transferencia a Galiza das competencias en salvamento e loita contra a contaminación mariña, “15 anos despois do Prestige o mando sobre a costa galega segue en Madrid, a 600 quilómetros, e as decisións en mans de persoas que non coñecen nin entenden este territorio”.

O Bloque considera que tres lustros despois da catástrofe é momento de facer un recoñecemento ao pobo galego e a todas as persoas que se mobilizaron para loitar contra a contaminación do chapapote e das mentiras do PP, un recoñecemento ao espírito Nunca Máis, “que segue a ser tan necesario hoxe”. Por iso, no pleno da próxima semana solicitará o apoio do resto das forzas políticas para proclamar o 1 de decembro como Día da dignidade de Galiza.

  • Galicia asentada como pocilga de la corrupción, homicidio social “el futuro en manos de lo peor de la raza humana por mayoría de apoyos a la corrupción “

    Xornal Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Vigo Santiago Localidades[…]

    Galicia asentada como pocilga de la corrupción, homicidio social “el futuro en manos de lo peor de la raza humana por mayoría de apoyos a la corrupción “ XORNAL GALICIA SEGUIRÁ SIENDO LA CONCIENCIA CRITICA DE ESTE PAÍS, SEGUIREMOS EN ESTA LINEA EDITORIAL A PESAR DE LAS AMENAZAS QUE YA NOS HAN LLEGADO DE MADRUGADA....DICIENDO QUE NOS IBAN A LIQUIDAR.No les ha quedado tiempo al Frijolismo para amenazarnos y como matones de barra de bar nos han comunicado que nos van a liquidar bien por lo civil o por lo criminal...y si no pueden por estas vías....directamente a la liquidación física . Somos el objetivo a batir pero no nos rendiremos:#Jamás #Jamás #JamásLa mayoría de los gallegos a dejado claro que les gusta la flagelación , sobre todo los pailans que les han matado sus ancianos en las residencias DomusVi, el cierre de hospitales, las urgencias saturadas, que roben los fondos públicos, las altas comisiones bancarias del huido de Venezuela , que los niños estén famélicos , que nadie tenga donde dormir, que el Coronavirus brote hasta matar a toda la sociedad, que obliguen a sus hijos a[…]