Luis Álvarez advirte do celo amosado por este medio público de comunicación á hora de establecer un “cordón sanitario” contra “calquera mácula que poida afectar ao PP”

 

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 17. O deputado socialista Luis Álvarez levou hoxe á Comisión de Control da CRTVG a censura nunha emisión en directo á mención dunha profesional do vencello co PP dun detido nunha operación contra o terrorismo xihadista a comezos de setembro. Advertiu do celo amosado polo ente público cando foi o propio presidente da cidade autónoma e do PP de Melilla, Juan José Imbroda, quen o confirmara en rolda de prensa.

O responsable socialista fíxose eco hoxe no Parlamento da denuncia presentada por unha traballadora do medio logo de ser obrigada esta referencia da súa noticia, sobre a operación de desarticulación dunha célula xihadista en Marrocos e Sevilla. Resultou que un dos detidos mantivera a condición de afiliado a este partido, o que “foi destacado pola práctica totalidade dos medios de comunicación” agás a Televisión de Galicia.

Sinalou o eficaz “cordón sanitario” imposto por este medio “en torno a todo o que ten que ver ou poida supoñer unha mínima mácula que poida afectar ao PP”. Un celo, engadiu, que non se aplica, lembrou, “á hora de incluír nas informacións a familiares de responsables socialistas que teñen que comparecer ante os xulgados”.

Advertiu que a pesares das apelacións do director xeral da CRTVG, quen respaldou a decisión de censurar esta referencia, “obxectivamente pódese ver que debe de existir un botón do pánico por parte de alguén que supervisa as emisións de informativos”. Desta maneira, “cando hai un mínimo compromiso negativo do PP saltan tódolos sistemas de alerta e se reconduce a información”.

  • José Manuel Lage Tuñas adjudica-regala cargos institucionales que no existen a Diana Sobral, en el Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia.

    Xornal Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Vigo Santiago Localidades[…]

    José Manuel Lage Tuñas adjudica-regala cargos institucionales que no existen a Diana Sobral, en el Consello Asesor de Telecomunicacións e Audiovisual de Galicia. Jose Manuel Lage Tuñas por P.D. (Decreto do 26/06/2019) A Coruña, 17 de xullo de 2019 A Alcaldesa y el mismo como Concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior adjudicó el cargo de representante en una institución de la Xunta de Galicia (PPdeG) sin actividad y que a día de hoy NO existe según diversas resoluciones a las que hemos tenido acceso firmadas por el subdirector xeral de Réxime Xurídico Enrique González Murga en nombre de la Xunta de Galicia. Diana Sobral Cabanas forma parte del equipo de confianza de Lage Tuñas y es Concejala de Turismo, Comercio y Mercados y gestora del presupuesto "multimillonario" de las Fiestas de María Pita, la misma esta utilizando la web municipal para hacer negocio en publicidad de su empresa www.onenote.com (no tiene contendio web y esta redirigida a https://products.office.com/es/onenote/digital-note-taking-app?rtc=1 y esta https://www.govserv.org/ES/A-Coru%C3%B1a/902924026432262/Concello-da-Coru%C3%B1a dedicada a la venta de productos informáticos, se jacta de pertenecer a la Asociación de fiestas de la Ciudad Vieja que le adjudica subvenciones[…]

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi