O Consello Regulador Mexillón de Galicia e a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) veñen de asinar en Compostela un acordo de colaboración para dar resposta a un problema común: a fraude e a ocultación de información na etiquetaxe das conservas de mexillón. A acción forma parte dunha campaña de sensibilización sobre etiquetas enganosas, que tamén inclúe o lanzamento, de forma simultánea, dun spot dirixido aos consumidores. leer más+