PorOscarLombaAlvarezIniciativa pola Unión e Encontro Cidadán por unha Marea Galega deben establecer unha relación mutualista que conduza a unha preamar simbiótica, na que ámbalas dúas organizacións sairían favorecidas e sobre todo Galicia sería a máis beneficiada. Esa simbiose colectiva só poder estar baseada na solidariedade, a cooperación e o ben común.

Neste momento caben dous escenarios:

a) Un escenario de división, moi baixa participación e un novo triunfo do PP en Galicia (e no conxunto do Estado) con menos dunha cuarta parte do electorado e unha abstención próxima ou superior ao 50%.

b) Un escenario de unidade entre Iniciativa pola Unión e o Encontro Cidadán por unha Marea Galega, é dicir, de vitoria dunha ampla unidade do nacionalismo galego, a esquerda federal e os movementos sociais, que servise para conformar un grupo parlamentario galego propio no Congreso, derrotando claramente á dereita.

O primeiro escenario suporía seguir con recortes, perda de dereitos, paro e corrupción. Ademais Galicia quedaría novamente fóra de xogo nun momento de forte ascenso dos nacionalismos vasco e catalán.

O segundo escenario suporía alcanzar a suma ideal de esforzos individuais e colectivos que provocaría un efecto multiplicador. Os diferentes partidos, movementos, correntes, sensibilidades e tradicións da esquerda e o nacionalismo traballarían xuntos e cun mesmo obxectivo. O resultado desa acción conxunta e cooperativa sería moito máis intenso do que puidese esperarse operando independentemente pola sinerxía unitaria que multiplicaría por dous o esforzo de cada quen. Estamos convencidos de que se ámbalas dúas plataformas cidadás conflúen nunha soa crearíase un efecto extra debido á acción conxunta ou solapada, que ningunha delas podería xerar no caso de accionar illadamente.

A unidade cidadá e popular debe resultar da suma de vontades de todas as galegas e galegos, que vivindo en distintas cidades, vilas e parroquias, queiran loitar xuntos por alcanzar un obxectivo común. Ese obxectivo común debería ser obter un resultado electoral contundente que sirva para conseguir un grupo parlamentario propio e tamén para descabalar ao Partido Popular do goberno do Estado contribuíndo á apertura dun novo proceso constituínte que acabe definitivamente co réxime xurdido trala II Restauración borbónica.

Fusionadas as dúas iniciativas nunha soa o efecto será moi superior á suma dos resultados de cada unha delas actuando illadamente. Diríamos que unha preamar simbiótica formada pola Iniciativa pola Unión e o Encontro Cidadá por unha Marea Galega faría realidade o aforismo un e un fan tres e da preamar simbiótica pasariamos ao tsunami galego.

JavierCasoIglesiasFranci XavierMunozOscarLombaAlvarez* Texto colectivo asinado por:Óscar Lomba Álvarez, Senén Vaamonde Polo, Valentín García Bóveda, Xurxo Rodríguez Pérez, Enrique ParceroRodríguez, FernandoRosendo Domínguez, Mª Carmen A. Rita Pérez Vázquez, DeliAlonsoAlonso e Xosé Lois Rivas Cruz “Mini”.{jcomments on}

  • El " Lado Oscuro " de las campañas del PP viaja a Madrid " Exclusiva Xornal Galicia ".

    Xornal Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Vigo Santiago Localidades[…]

    El " Lado Oscuro " de las campañas del PP viaja a Madrid " Exclusiva Xornal Galicia ". El lado Oscuro del partido popular de Galicia y de Asturias Miguel Tellado y la imputada por tráfico de influencias Teresa Mallada de espaldas a Pablo Casado se reúnen en Madrid con secretario general del grupo popular en el Congreso Guillermo Mariscal, tras las urgentes reuniones de Galicia y Asturias pues la campaña tiene que estar "saneada" antes del 15 de Marzo.Con posterioridad a la reunion se dirigieron Miguel y Teresa a la Casa de México donde según nuestras fuentes se encontraba Alberto el caddy de Oleiros se desconece si en la reunión se encontraba el golfista Eduardo Peña Nieto y quien pago la comida, y si llegaron a algún acuerdo para financiar la campaña de Feijóo muy escasa de recursos al gastar y dilapidar todo los recursos María del Mar Sánchez Sierra en publicidad prohibida por la Ley y a la luz de descubrirse sus "URGENTES VIAJES" a Argentina, Montevideo, Mexico y Venezuela con la financiación con el dinero[…]

Los políticos de España, campeones en la negación de la voz emigrante

28-02-2020 Opinión

Esta semana se han aclarado mucho las líneas del gobierno actual respecto a los dos millones y medio de españoles...

Artículo Periodístico 2.007º: “Proverbios XXI de Juan de Portoplano”.

28-02-2020 jmm caminero

El de Portoplano, aquella mañana se había levantado, pensando-meditando, que casi todo el mundo tenia ideas de todo y de...

España y Catalunya: televisar un juicio y ocultar un diálogo

28-02-2020 Por Domingo Sanz

Para ahorrar palabras, a partir de ahora escribiré MEDIGESCAT cuando tenga que referirme a la “Mesa de Diálogo entre los...

esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi