É hoxe o día en que seguen os debates internos dentro de podemos sobre se a pregunta realizada na consulta era de integración ou coalición, se o 75% dos inscritos o que quería con esa alianza era integrarse ou coaligarse, e todo o mundo quere ser dono da verdade absoluta, e a verdade absoluta non existe. É moi posible que unha parte dese 75% quería coaligarse e outra parte integrarse.....tamén é claro o que indican os estatutos de Podemos e a imposibilidade dunha integración.
 
O quid da cuestión e onde se pode dilucidar se a pregunta era nun sentido ou outro está na apertura dun proceso de primarias en Podemos Galicia, é claro e de sentido común, e toda lóxica, que se a pretensión da pregunta fose integración dentro de marea ao gañar cun 75% dos votos NON SE INICIARIA NUNCA E EN NINGÚN CASO UN PROCESO DE PRIMARIAS INTERNAS en Podemos Galicia, esa é a proba do algodón, e esa non engana
 
Poderiamos entrar nun debate de se se pensa unha cousa ou a contraria e todos terían razón á vez que ningún, pero o certo é que ese proceso de primarias, (que é un feito existente e irrefutable) iníciase para obter uns candidatos cos que con posterioridade facer unha lista de coalición con marea. Por tanto esa é a proba e a demostración do que quería dicir a pregunta e o sentido dela
 
Podemos Galicia ten a necesidade de ser un partido federal, non pode ser que desde Madrid estean a resolver sempre os problemas de Galicia, con ou sen razón, trátase dun pouco de autogestión e de autonomía interna, para iso os cargos electos da formación son elixidos polos inscritos galegos, porque nós mesmos debemos de decidir, e o feito da existencia de inxerencias, máis ou menos xustificadas, están a evitar dalgunha forma ese dereito de autodeterminación e plurinacionalidad que tanto se cacarea desde Madrid pero que despois non funciona na práctica 
 
Por último e seguindo co sentido do significado do léxico dalgunhas cuestións, por mor desta "guerra" interna que se abriu en Podemos Galicia, algunhas persoas faltas de razóns dedícanse a difamar a outras para desacreditalas, (polo menos téntano) e conseguir levar a razón aínda sen tela, á conta do bo nome dos demais....esas persoas deben de saber que esa actitude é un delito e que é denunciable, esas persoas deben de aprender a diferenza entre disentir e difamar, e tentar facer valer as súas razóns desde o argumento e non desde a difamacion, algunhas persoas están a bordear a legalidade e iso nun estado de dereito non debe de ser permitido....a esas persoas debemos de pedirlle que recapaciten e que utilicen o dereito a disentir como base da democracia de forma sensata e responsable 
 
Carlos G Armada
Portavoz de Xuntos Podemos 
  • Una trama piramidal que podría haber recaudado ya más de 500 millones de euros con material sanitario presuntamente falsificado apunta directamente a Feijóo.

    Xornal Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Vigo Santiago Localidades[…]

    Una trama piramidal que podría haber recaudado ya más de 500 millones de euros con material sanitario presuntamente falsificado apunta directamente a Feijóo. El Gobierno liderado por Feijóo  APROVECHÓ LA PANDEMIA Y EL CORONAVIRUS PARA REALIZAR UN NEGOCIO PIRAMIDAL EN MATERIAL SANITARIO PRESUNTAMENTE FALSIFICADO POR TODO ESPAÑA, desde  la Xunta que ponía en funcionamiento su maquinaria comercial a través del (CECOP) Centro de Coordinación Operativa), para realizar un negocio piramidal compartido y utilizando como intermediaria  la empresa SIBUCO 360 S.L y las mascarillas que llegaron a la sede del Sergas en Negreira comenzando su venta a través y web institucional del Sergas con las líneas 902 077 333 como teléfono único de contacto con la Xunta de Galicia http://archive.is/FkQwZ cuya publicidad y campaña fue lanzada por María del Mar Sánchez Sierra ( Asesora del PPdeG ) bajo presupuesto de más de 390.000 euros en el que si incluye campañas pidiendo donativos con el ASUNTO ANÖNIMO, para justificar y presuntamente blanquear capitales a través de 4 cuentas bancarias en distintas entidades privadas, entre ellas ABANCA, SABADELL, SANTANDER etc . Comenzando la publicidad y pesca de[…]

Otros articulos relacionados.....