A conspiracion na escuridase contra Podemos Galicia a través de Iago Martinez o sucio escudeiro de Xulio Ferreiro, a realidade dos feitos

Información
;Por Carlos Gonzalez Armada 20 Agosto 2016 Sección; Opinión

xuntospodemos carlosgonzalezarmadaIago Martínez e o Xefe de gabinete de Xulio Ferreiro e membro da coordinadora da nova Marea, é sen dúbida o fontaneiro da Marea Atlántica. Iago Martínez é o típico perfil que nun partido político fai as veces de secretario de organización ou de home na sombra do lider carismático. Pero quén é Iago Martínez Durán?

Vigués de nacemento e sobriño do famoso actor Antonio Durán Morris, leva vinculado ao mundo cultural galego fai moitos anos. Redactor raso en diversos medios de pouca repercusión pero de prestixio entre a progresia, como “Tempos Novos”, tivo a súa gran oportunidade e deu un salto cualitativo cando foi fichado como director do suplemento cultural do “Xornal de Galicia”, cabeceira impulsada polo grupo San José e o empresario Jacinto Rey como instrumento de propaganda da parte nacionalista do bipartito nese momento encabezada por Anxo Quintana

En “Xornal de Galicia” se introduce xa de cheo no mundo cultural e político de Galicia. Andaina que se frustra cando unha vez perdida a maioria do bipartito Feijoo decide fechar este medio de comunicación, cun afogamento económico e un acoso o seu principal accionista moi debilitado pola crise do ladrillo. 

Sen traballo pasa a colaborar co País, e aproveita os seus contactos para encabezar un novo proxecto xornalístico “Luzes”. Anos antes Iago Martínez dirixe un documental sobre o poeta Lois Pereiro, e traba amizade co xornalista Xosé Manuel Pereiro e co escritor Manuel Rivas, padriños do Iago Martínez, eles abrenlle a porta dos salóns da cultura galega e da política. O poñen a cabeza do mediocre proxecto “Luzes” que intentaba ser algo semellante a “Tempos Novos” pero cun cariz máis nacionalista que a publicación santiaguesa. 

Gracias tamén ao seu contacto co mundo cultural Iago ten contacto con José Manuel Sande, programador na Filmoteca de Galicia. Sande, actual concelleiro de cultura de Coruña, é a cara visible da fundación da Marea Atlántica, home próximo os movementos sociais da cidade, a casa das Atochas e a todo o movemento asociativo e cultural, Sande non é máis que o impulsor do que Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro andan a argallar como unha nova forza progresista coruñesa. A este grupo se une Xulio Ferreiro, profesor universitario, moi relacionado co mundo nacionalista e compañeiro de facultade de Carlos Aymerich e Luis Villares. 

Neste punto aparece evidentemente a formación de Marea Atlántica e o seu intento de sacudir o taboleiro político dunha cidade como Coruña onde o socialismo vazquista estaba moi debilitado e case morto despois da desaparición de Sir Paco. E tamén neste punto aparecen dous personaxes máis Tone (actual deputado nas Cortés) e Pablo Iglesias novo dirixente dun partido nacente chamado Podemos. 

Iago Martínez volcase neste momento na creación da Marea Atlántica e conforma con este pequeno grupo de persoas un proxecto de conglomeración da nova esquerda coruñesa. Coa súa experiencia e coñecemento do medio político galego, e o soporte de Manuel Rivas, Pablo Iglesias ou Xosé Pereiro, este grupo faise de maneira sorpresiva co Concello da Coruña, e Xulio Ferreiro se convirte nunha estrela mediática de dubidosa consistencia. Neste momento e aproveitando o impulso das eleccións estatais o gran obxetivo deste grupo convirtese asaltar a Xunta e botar a Feijoo. Pero para este asalto había varios obstáculos. Un era Beiras, outro era Podemos Galicia e o final e quizáis máis incomodo era que Xulio Ferreiro non quería presentarse a presidencia da Xunta e prefería seguir sendo Alcalde.

Neste puzzle Iago como peza central entre Tone (co que entabla unha amizade de conveniencia política), Xulio Ferreiro e o mundo nacionalista co que ten lazos estreitos do seu paso por Xornal de Galicia, fai as veces de albañil de estructuras que se ve as claras que fan augas por todas partes. O triunfo de sacar a un vello de 80 anos da política usando a un amigo de Carlos Aymerich e Xulio Ferreiro, o merito de enganar a Pablo Iglesias e Iñigo Errejón usando de cabalo de Troia a Tone como deputado, o merito de usar ao Xefe de Gabinete de Martiño Noriega como cabalo de troia en Anova e Compostela Aberta, para finalmente conseguir todos os seus obxetivos, son sen embargo empañados pola abrupta confluencia que finalmente ten que soportar a proceso da Marea coa entrada de Podemos Galicia en escena e unha tuzara e valente muller como é Carmen Santos. Ademáis Iago atopa a horma do seu zapato con un tal Xosé Zapata, dirixente local en Podemos Galicia e que curiosamente foi produtor do seu documental sobre Lois Pereiro, sendo actor principal da oposición as suas conspiracions, resistencias deste Secretario Local e de outros cargos no CCA, ademáis da Secretaria Xeral, e de un núcleo duro dentro de Podemos, a o xeito da UPG no Bloque ou a FPG en Anova, chamado Xuntos apodemos,me que fan que a posición de Anova e Marea Atlántica se debilite e teñan que botar man do twiter de Pablo Iglesias. 

Unha vez máis como durante a campaña electoral da Coruña onde a presenza de Pablo Iglesias foi decisiva para a victoria, Iago Martínez tiña no lider de Podemos a última baza para alcanzar os obxetivos que o 20D planificaron con Tone na festa de celebración da victoria de “En Marea” no local de Marea Atlántica detrás de María Pita, e que semellaba abría de par en par as portas de San Caetano a esta xeración de cachorros. Pero en todo esto hai unha diferencia. Pablo Iglesias xa non é o dirixente novo e en crecemento que era en maio do 2015, o mundo nacionalista entrou de cheo no proxecto e con forza gracias a presenza de Villares e do seu amigo Carlos Aymerich, e Podemos Galicia existe por moito que queiran destruila desde dentro e que sigan acosando a Secretaria Xeral Carmen Santos. O soño de Iago Martínez de ser o novo Rasputín do imperio mareante está lonxe de cumprirse, e vai ter que desplegar moita máis intelixencia da que ten para conseguilo, personaxe oscuro e manipulador os seus días de agocharse detrás das faldas do poder terminaron, dá a cara e non sexas cobarde, a tua carreira de intrigas xunto a Xulio Ferreiro vai camiño do seu fin, e se a sorte acompaña e Carmen Santos se mantén forte dentro da marea, Xuntos se consolida fora de Ela e dentro de podemos Galicia, e sigue existiendo xente de ben, con honestidade e principios como o Secretario Xeral de podemos en Arzúa, Xose Zapata......podemos Galicia haberase salvado de esa opa ostil que lanzou contra el a Marea Atlántica a través de Xulio Ferreiro nas luces e de Iago Martínez na sombra 

Carlos Gonzalez Armada
Portavoz de XUNTOS Podemos

  • NI UN SOLO VOTO AL SR.FEIJOO ( PERDON FRIJOL) NI A SU BANDA DE CUATREROS EN EL REFERENDUM DEL PROXIMO DOMINGO DIA 12 DE JULIO.

    Xornal Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Vigo Santiago Localidades[…]

    NI UN SOLO VOTO AL SR.FEIJOO ( PERDON FRIJOL) NI A SU BANDA DE CUATREROS EN EL REFERENDUM DEL PROXIMO DOMINGO DIA 12 DE JULIO. Nunca este Digital desde su nacimiento se pronunció sobre el sentido del voto en ninguna de las múltiples elecciones celebradas desde entonces, pero en estos momentos claves y decisivos para nuestra tierra , para España, para Europa y para toda la Humanidad ; no se puede ser ni imparcial ni neutral .Razón por la cual ante las próximas elecciones de este próximo Domingo del 12 de Julio , éste que suscribe en su calidad de Director del “Xornal Galicia” tengo que bien de la manera más humilde y sosegada solicitar a todos vosotros queridos lectores que concentréis el voto en dos opciones electorales :al Partido de los Socialistas de Galicia (PSOE) y para el Bloque Nacionalista Galego (BNG); todo lo demás es dar oxígeno a un régimen corrupto, vomitivo y nauseabundo que encabeza el Sr.Feijoo .(Frijol para los amigos)Mediante esta Editorial estimados y repetados lectores le voy a escribir algo dirigido al Príncipe de las Tinieblas “el Señor , Feijoo”[…]

Otros articulos relacionados.....