Xa pasaron as xerais, con tongo ou sen el xa hai un resultado, xa existe unha
posibilidade de goberno, e dado que non creo posible unha auditoría porque o PP
non a vai a consentir, e dado que non creo que existan unhas terceiras eleccións
porque non creo que o PSOE o vaia a consentir, é hora de pensar en clave
galega

Creo sinceramente que a única forma de poder conseguir unha
vitoria, ou unha gran forza social de esquerdas rupturista é crear por consenso
unha fronte ampla de esquerdas, unha fronte onde segundo véxoo só poderían estar
partidos da esquerda galega, e onde si se podería sumar Podemos.....non así
Esquerda Unida

Segundo eu véxoo Podemos Galicia debe de diferenciar entre
o apoio a Pablo Igrexas e a cúpula de Zurita nun proxecto estatal, coa
necesidade de expulsar a Feijoo da Xunta de Galicia, e para iso non só hai que
axuntar esforzos e sumar, senón evitar as siglas que poidan restar, e neste caso
Esquerda Unida resta, e vou explicar porque

Moitos afiliados de Esquerda
Unida falan abertamente de que nestas xerais non foron a votar, ou votaron
outras opcións porque non estaban de acordo co pacto de EU con Podemos, e non só
iso, senón que ese pacto produciu que xente de Podemos non votase porque non
querían o pacto con EU, logo é evidente que o pacto non só non multiplica, nin
tan sequera suma, senón que resta.

Logo temos o asunto de que Yolanda
Díaz xa se manifestou a favor de apoiar a Mareas en Común, pero ese espazo está
pechado a algúns colectivos por orde de EU. Digo por orde de EU porque aínda que
apareza Yolanda Díaz nesa mal chamada confluencia con moita posterioridade,
parece ser que Mareas en Común está rexistrado, (entre outros) por Yolanda Díaz.


Temos outro aspecto non menos importante, Rubén Pérez manifestou
publicamente que quen se presentase ás eleccións xerais para ter un grupo
parlamentario propio era un cretino....evidentemente con este pensamento e
actitude non cremos que sexa unha persoa adecuada, nin o partido ao que
representa tampouco, para falar en nome dos galegos e as galegas. Finalmente
existe un enfrontamento entre Xose Manuelk Beiras e Yolanda Díaz.....sen dúbida
para un proxecto galego é máis interesante e importante Beiras que
Díaz

Por tanto esa fronte galega de esquerdas debe de ser liderado por
unha personalidade representativa de Galicia, (Xosé Manuel Beiras), debe de ser
comandado por un partido que debe de ser repensado e redefinido, e que debe de
ter o peso que lle corresponde, ser o motor do cambio, (Podemos), coa súa
secretaria xeral Carmen Santos Queiruga a cabeza, de apoio, soporte, bastón, e
de herdeira do profesor.

Esa fronte galega de esquerdas debe de contar
cun partido novo como Xuntos, posto que é o nexo de unión entre as distintas
formas de pensar de Podemos e Anova. Xuntos é, (por dicilo dalgunha forma), a
marca branca de Podemos en Galicia, pero co toque, o ton, ou a achega necesaria
de galeguismo que non ten Podemos como partido nacional, e que si achega ANOVA,
sendo ademais unha parte da súa afiliación membros da plataforma Xuntos por
Galicia, adalid da loita contra a corrupción en Galicia, estando personado como
acusación popular nos casos Patos, Hormigon e no do enchufe da cuñada de Carmela
Silva, presidente da deputación de Pontevedra

Esa FRONTE galega de
Esquerdas debe de contar con outros partidos......con Nova Esquerda Socialista,
con Coalición Galega, con Alternativa Canguesa de Esquerdas, con Alternativa da
Veciñanza de Oleiros, co BNG e con Compromiso por Galicia, por poñer uns
exemplos, sempre e cuando  eles queran participar, claro está. Esa FRONTE Galega
de Esquerdas debe de contar ademais con outros actores sociales a nivel
individual, e debe de ser un Espazo de participación cidada

A partir de
hoxe comeza a carreira e non hai tempo, no outono son as autonómicas e esta
fronte debe de ter claro quen é que rol ten cada quen, está claro que a
cidadanía, as bases deben de participar, deben de votar, deben de elixir, pero
deben de facelo do número 3 para abaixo, o número 1 e o 2 deben de ser de Xose
Manuel Beiras e de Carmen Santos Queiruga, sen ningunha dúbida, e deben de ser
proclamados xa, pero así, de fronte, sen enganar a ninguén, sen vestir dunha
falsa democracia participativa inexistente para logo saír elixidos os candidatos
predeterminados....deben de ser Xose Manuel Beiras e Carmen Santos Queiruga
porque son as persoas ás que corresponde neste momento tirar do carro, e a
partir de aí participacion libre e democrática de vedade, en igualdade para todo
o mundo....sexamos conscientes do que nos xogamos e sexamos conscientes do tempo
que nos queda, non queiramos ser máis papistas que o papa, estamos nun momento
delicado, sen tempo de reacción, e corresponde tirar do carro a quen
corresponde, máis adiante chegara o momento doutros, pero agora é o momento de
facer unha gran fronte de esquerdas galego e galeguista

Carlos Gonzalez
Armada
Secretario General de XUNTOS se pode

La solidaridad se propaga más rápido que el coronavirus… entre algunos

27-03-2020 Opinión

Voy a intentar hacer un párrafo sin decir la palabra maldita. Los españoles somo especiales, sí. Como los italianos, los turcos...

Apuntes para “resetear” todo el ecosistema de los medios de comunicación

27-03-2020 Opinión

Por Miguel Ormaetxea (periodista) Los principales editores de publicaciones de España, en papel o digitales, piden al Gobierno un detallado Plan...

EL PROBLEMA REAL QUE PROVOCA EL COVID19 Y PORQUE ES PELIGROSO

26-03-2020 Por Carlos Gonzalez Armada

El problema real del Covid19 es su alto indice de contagio, (entre 4 y 6 cuando la gripe es entre...

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi

  Guía de Empresas Españolas. Guía de Empresas Españolas      Noticias de empresas en Xornal Galicia...+. Noticias de empresas en Xornal Galicia...+     Guía de Empresas Españolas. Empresas o Personas en el BORME         Guía de Empresas Españolas.  Turismo de Galicia

Blogspot Agencia Noticias AI    -  Blogspot Xornal Galicia  -     Blogspot Pladesemapesga  -  Acceso Usuarios Registrados Acción y Transparencia Públicia. Aceso a Socios (+)  Acceso Usuarios Registrados Acción y Transparencia Públicia. Unirme desde la Web (+)    -  © Xornal Galcia, 2013 -  Síguenos en Google Noticias.+
banners

www.pladesemapesga.com  - www.actualidadiberica.com  - www.accionytransparenciapublica.com - www.xornalgalicia.com  - www.xornaldegalicia.es  - www.xornalgaliciasur.com  - www.xornalgalicianorte.com -  - www.diariomaritimo.com   - www.redacuicola.com www.redacuicultura.com 

Wayback Machine es un servicio y una base de datos que contiene copias de una gran cantidad de páginas o sitios de Internet. Si por alguna razón este sitio no está disponible momentáneamente o por orden judicial o ha sido borrado del servidor de origen, es posible consultar una réplica vía "Wayback machine".  Wikipedia- saber más.+

Este diario tiene copias de seguridad históricas desde el año 2002 almacenadas en www.web.archive.org  y en www.archive.is  Bajo licencia GNU para su libre consulta y disposición. Mapa web.+

  © Copyright R.L. 2012/016402 Nif G-70321807 Impreso D.L: C 47-2015 -Directiva Europea de Privacidad Legal UE.(+)