Imprimir
Categoría de nivel principal o raíz: Opinión
Categoría: Por Carlos Gonzalez Armada
Visto: 223

A NON REFORMA LABORAL DO GOBERNO, SEICA PROGRESISTA

Información
Por Carlos Gonzalez Armada 21 Enero 2022 223 Votos
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
social youtube xornalgalicia   feed-image

Yolanda Díaz, da que teño que decir que non está a facer un mal traballo, ten un obxectivo final coa súa mal chamada reforma laboral, obtener o mellor resultado electoral posíbel, por iso ten esa obsesión polo mal chamado "diálogo social"

 

Apela Yolanda, (tamén o PSOE e Podemos), ao acordo coa CEOE e os sindicatos CCOO e UXT para xustificar que todos e todas temos que apoiar esta "reformiña" sin que se teña que facer ningunha modificación o parlamento

 

O “diálogo social” que defenden desde o goberno e un diálogo feito nun foro que non é o que representa un diálogo social completo, existen organismos constituídos de forma legal que, de ser utilizados, non serían "tan cómodos", como podería ser o Consello Económico e Social do Estado, no que participan todos os sindicatos máis representativos

 

O que pretenden Podemos e o PSOE, coa ministra de traballo a cabeza, e que ese foro informal sustitúa os organismos legais, como o parlamento, para facer leis que eles consideran que van a dar réditos electorais, e non pasa de ser un burdo intento de chantaxe política.

 

A xente ten que saber qué o acordo coa CEOE non e imprescindible para aprobar unha nova normativa laboral encamiñada a recuperar dereitos dos traballadores, lembremos que a reforma laboral do Partido Popular se fixo sen que os sindicatos estivesen de acordo.

 

O diálogo social está moi ben pero non pode sustituir os órganos legais e democráticos dos que nos dotamos na sociedade, un deles o parlamento

 

A reformiña que queren facer desde o goberno non mudan as facilidades para o despedimento, o cual segue sendo moi barato, non se eliminan os EREs, os convenios estatais seguen sendo prevalentes sobre os provinciais, e a prevalencia dos convenios de empresa poden empeorar os de sector, se exceptuamos os salarios, segue a existir a posibilidade de que as empresas se “descolguen” do convenio e incumpran o nel estabelecido, e se pode seguir facendo a distribución irregular da xornada, até un 10%

 

Na realidade o que debería de facer o goberno e reverter as facilidades que teñen os empresarios para o despedimento dos traballadores, recuperar a indemnización de 45 días, e o límite de 42 mensualidades no caso dos despedimentos improcedentes.

 

Debería de garantirse a erradicación da temporalidade e a precariedade, a recuperación dos salarios de tramitación nos despedimentos improcedentes, os convenios de sector nunca deberían de ser empeorados polos convenios de empresa, e non debería de existir a posibilidade dos “descolgues” do convenio por parte das empresas

 

Se Yolanda Díaz quere ser de verdade esa luz que debe guiar as esquerdas a un espazo de transversalidade debería de loitar de verdade polos dereitos dos traballadores, que é a clase máis transversal que existe, (traballadores sinos de tódalas ideoloxías), e deixar a un lado a imaxen presidencialista que quer dar chegando a acordos coa CEOE, porque iso non é ser transversal, iso é ser unha máis do réxime, status que xa ten o PSOE desde fai anos, e que tamén vai adquirindo podemos a pasos axigantados