Radio Noticias Xornal Galicia
Hoy:
00:00 / 00:00

d5d192d4 3d63 7087 6534 e6fa6a187df0O Coordinador Nacional  de Podemos Galicia, Borja San Ramón, dirixiu duras críticas contra a política educativa da Xunta de Galicia polo recorte orzamentario nas bolsas destinadas ao alumnado con dificultades económicas. 


Estas bolsas, que levan existindo dende 2005, están destinadas a aquelas persoas que por mor de problemas económicos imprevistos precisen de recursos urxentes para continuar cos seus estudos. Dende Podemos Galicia denuncian que «a contía máxima das axudas diminuíu en 2.000 euros, un recorte do 40%».
San Ramón considera «inadmisibles» os recortes, «sobre todo no contexto actual». «Mentres que dende o Ministerio de Universidades entenden a necesidade de aumentar as bolsas para axustarse á suba dos prezos, a Xunta fai todo o contrario e deixa tirado ao estudantado», declarou o dirixente. Tamén lamentou a «escasa preocupación de Rueda para garantir un futuro á mocidade privándolles do seu dereito a unha educación pública de calidade».   

«Mentres a Xunta promove os negocios privados da universidade de Abanca, vai desmantelando pouco a pouco a educación pública. Non pensan no futuro da mocidade galega, porque non teñen proxecto para a Galicia que vén», concluíu San Ramón.  

Nota de prensa:
https://mcusercontent.com/31d8726200f25f71a48445ee2/files/0277b3d9-c75d-c110-93ed-1efe9270b6e6/NdP_Recortes_Bolsas_1_.pdf

 Nuestras noticias son gratis bajo licencia GNU  

  •  Pero deseo colaborar
  • Donación 6 Euros 12 meses  
  •   Sin límite de restricciones
Si no desea suscribirse pero si, colaborar con nosotros.:

 Más información haciendo clic aquí...+

BANERPLAGIOXORNALGALICIA

Buscador Hemerotecas Grupo Pladesemapesga en Internet

Si no encuentras lo que buscas, EJEMPLO; " Antonio Suárez Gutierrez de Grupomar y Asturias " te proponemos intentarlo de nuevo desde aqui a través de los buscadores del grupo Pladesemapesga y directamente en la web

En la Hemeroteca xornalgalicia.com. -   En XornaldeGalicia.es Hemeroteca  -   En XornaldeGalicia.es -   En Diario Marítimo -   En Actualidad Ibérica ANAI  -   En Pladesemapesga -   En Tribuna Informativa.  -   En Acción y Transparencia Pública. -    En xornalgalicia.com -   En todo Internet