Sacar a dereita de Galiza

;Opinión  01 Septiembre 2016 966 votos

A decisión de Xosé Manuel Beiras de non presentarse como candidato a presidente da Xunta de Galicia foi unha demostración mais da súa actitude patriótica. Escribindo deste xeito o epilogo da súa historia política. Malia esta decisión sigo pensando que era a figúra clave para enfrontar a Núñez Feijoo e poder ser a segunda forza política.
A actual situación político - electoral demostra claramente a crise de representación da esquerda galega. Por unha banda dúas alternativas que compiten polo mesmo espazo. A Marea cun candidato sacado da manga, a ultima hora e ás carreiras. Con moitos candidatos nas listas que son auténticos descoñecidos e sen militancia contrastada. Mentres o BNG malia o seu retroceso electoral nos últimos anos, ten unha importante estrutura de cadros e unha practica militante centrada en Galiza.
A organización que represento Nova Esquerda Socialista tomou a decisión de convocar ao noso simpatizantes e á cidadanía en xeral, para que voten por estas dúas formacións de confluencia. Desde unha perspectiva, critica e autónoma. O obxectivo é sacar á dereita conservadora e caciquil. Aínda que non se trata só de sacar a uns para poñerse a outros. Trátase de iniciar un proceso constituinte en Galiza, onde se poidan conseguir os nosos dereitos nacionais e sociais, como pobo e como nación.
Para iso necesitamos un programa transformador e un pobo que constrúa poder popular, para que estas aspiracións póidanse cumprir. Malia esta decisión política de apoiar ás dúas confluencias, pola miña cabeza pasan moitas ideas, ás veces tamén o cabreo lévame a pensar na abstención. Por agora e ante a renuncia de Beiras a ser candidato creo que o meu voto será para o BNG. Séntome mais identificado coa súa militancia, os seus candidatos teñen unha importante formación política e están fogueados na loita. Ana Pontón leva moitos anos dando a cara no Parlamento de Galicia de forma consecuente, cos sectores afectados pola políticas neoliberales.
Aínda que o voto din que é secreto. Gústame falar claro e de forma coherente co meu pensamento. 
 
Lois Pérez Leira

IDENTIFIQUEMOS AL FASCISMO

08-12-2019 Por Carlos Gonzalez Armada

El fascismo es una ideología que se define por ser: autoritaria, totalitaria, reaccionaria, abolir derechos civiles y sociales, pero que...

Artículo Periodístico 1.899º: “Libros literarios con mas palabras de un solo autor y un título”.

07-12-2019 jmm caminero

En la Cultura actual, somos muy propensos a la cantidad, uno de los aspectos del método científico de Galileo, es...

La puerta violeta en un bar.

06-12-2019 Por Domingo Sanz

Once de la mañana y café de bar. Tres personas más. Dos hablan sin gritar en la barra y la...

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi