google com mx imagenes de una manada de lobos(CONTÉN SPOILERS)

Este filme trata sobre a explotación dunhas minas galegas de wolframio polos nazis nos anos corenta e o intento de sabotaxe por algúns afíns aos países aliados. Pero tamén da historia de Manuela, madre solteira e por riba medio meiga. E das miserias humanas. E do medo. E do sacrificio. E das lendas galegas que tan ben quedan debuxadas na gran pantalla.

É certo que estamos ante un filme un tanto diluído no que á realización lle falta un pouco de ritmo, pero tendo en conta que se trata do primeiro traballo para a gran pantalla deste director cumpre perfectamente.

Simón Casal demostra coñecer ben iso que conta,  fainos chegar unha parte da nosa historia interesante (relacionada, como non, coa guerra civil e o franquismo, pero bastante descoñecida ao fin e ao cabo) e a cal conta, ademais, cunha ambientación que nos traslada de veras á época e con varios elementos que a fan gustosa para pasar un rato entretido e proveitoso.

Lobos sucios atrapa ao espectador e posúe escenas realmente boas. Cando as personaxes de Manuela Vellés e Sabela Arán (a cal interpreta un papel curto pero intenso) van roubar wolframio e explota unha bomba que lles tiran outros saqueadores, a interpretación é realmente convincente. Sabela Arán demostra que cun papel pequeno tamén se pode facer unha gran actuación. Por outra parte, Manuela Vellés, xunto a Carmen Abarca métense nas súas personaxes ata as entrañas sen facer dubidar ao espectador en ningún momento, dotando á película dunha interpretación esplendida. Pero os actores masculinos tampouco quedan atrás, destacando especialmente Ricardo de Barreiro cun papel secundario que namora pola súa forza.

O peor: caer nos maniqueos máis comúns, o avance da historia a saltos e certos elementos moi perceptibles. Cando o enxeñeiro nazi lle mira o colgante a Manuela, e despois, escenas máis adiante, esta llo da ao músico preso, o espectador minimamente experimentado xa sabe de seguro que iso vai ser a clave coa que o enxeñeiro se vai sentir enganado por eles e vai intentar destruílos como sexa. O final, aínda que é como o espectador quere que sexa, peca de previsible e cun romance un pouco forzado.

O mellor, sen dúbida, é a actuación intensa e convincente das dúas protagonistas,  así como a fotografía de Sergi Gallardo. A aura de sacrificio que desprende toda a historia tamén é un dos seus puntos fortes, todos se sacrifican por alguén, é máis, algúns (por non dicir todos) necesítano para ter unha razón para vivir.

Adjuntos:
ArchivoDescripciónTamañoCreado
Descargar este archivo (ficha_lobossucios_nuriagarciagarcia.JPG)Ficha técnica Lobos Sucios 95 kB2016-05-12 15:07
Descargar este archivo (manuelavelles.JPG)Manuela Velles 2 kB2016-05-12 15:18
  • El Gobierno de Feijóo dio orden de borrar todo rastro de las mascarillas falsificadas compradas por el Sergas cuyos documentos están preservados en manos de Xornal Galicia.

    Xornal Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Vigo Santiago Localidades[…]

    El Gobierno de Feijóo dio orden de borrar todo rastro de las mascarillas falsificadas compradas por el Sergas cuyos documentos están preservados en manos de Xornal Galicia. Capitulo 2 de 6 sobre mascarillas falsificadas bajo gobierno de Feijóo.Mañana en el capítulo 3, el intermediario y presunto autor de las falsificaciones de mascarillas "DOSIL BLANCO FRANCISCO JOSE" vinulado a José Ramón Garcia, detenido y procesado por delitos de criptomonedas y sus relaciones chinas que dieron entrada a las mascarillas que compró la Xunta de Galicia por mas de seis millones de euros, tirados a la basura en material falsificado con origen en Santiago de Compostela vinculado a la Consellería de Sanidad-Sergas sobre lo que el letrado de su asesoría xurídica Sr Rafael Álvaro Millán Calenti hizo oidos sordos ( desconocemos si hay informe xurídico favorable o negativo ) al negarse a dar información.. Jose Luis pasando de frenada el Audi A8 cuando dice.- "Elecciones Galicia 2020: La pandemia consolida a Feijóo como un sólido gestor". El redactor de ABC Galicia era perfecto conocedor de la trama de mascarillas en cuyo artículo coloca a Feijóo como Conselleiro en la Sombra con el[…]