A plataforma cidadá Queremos Galego, composta por máis de 600 colectivos sociais de todo tipo mobilizarase mañá, 14 de abril, ás 12hna Praza de Galiza da Coruña, contra a sentenza do TSXG sobre a ordenanza de uso do galego en Lugo, que eliminou algúns aspectos fundamentais como o dereito da cidadanía a recibir igualdade de trato ao se dirixir en galego a servizos contratados pola administración a empresas privadas.

A sentenza do TSXG elimina o dereito a utilizarmos o noso idioma con absoluta normalidade e a dirixirnos e sermos atendidos e informados en galego en servizos privatizados. Ademais a sentenza suprime o artigo que declara o galego como lingua propia e oficial de Lugo por non estar subordinada ao castelán, e vir definida como lingua plena e de pleno dereito; elimina a rotulación en galego de oficinas e despachos, a sinalización viaria, o carácter normalizador das axudas e subvencións, ou cousas tan evidentes como a existencia dun ámbito lingüístico galego.

Esta convocatoria diante da sede do TSXG de rexeitamento á sentenza contra a ordenanza de uso do galego en Lugo, estará acompañada dunha campaña que terá como acto central a manifestación nacional convocada para o 17 de maio en Santiago

Otros articulos relacionados.....