A delegación do goberno multa un cidadán por reclamar atención en galego

Información
Lenguas Minoritarias y Coficiales por José Antonio Sierra 18 Octubre 2021 901 Votos Correo electrónico Imprimir
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
social youtube xornalgalicia   feed-image
A Mesa denuncia a vulneración dos dereitos lingüísticos que afectou tamén ao dereito á saúde e á dignidade dun cidadán que pediu ser atendido en galego nun cribado da Covid19 en Rianxo
 
A entidade de defensa da lingua recorda que é obriga do funcionariado coñecer a lingua propia de Galiza e que a policía debe garantir os dereitos lingüísticos da cidadanía e non coaccionala para que deixe de usar o galego

A Coruña, 18 de outubro de 2021.- A Mesa pola Normalización denuncia que a delegación do goberno español en Galiza propón sancionar un cidadán cunha multa de 600 euros por reclamar ser atendido en galego nun cribado da Covid19. Os feitos sucederon o pasado 17 de abril de 2021, en Rianxo, cando o cidadán non só recibiu unha negativa rotunda a ser atendido na nosa lingua senón que mesmo se lle chegou a negar a realización do cribado. Perante a súa indignación, interveu a Policía Local que non só non lle recoñeceu o seu lexítimo dereito a ser atendido en galego, senón que -segundo consta no mesmo informe policial- o instou a mudar de lingua e empregar o castelán, “tentando explicar a esta persoa que ambas linguas son cooficiais na Comunidade Autónoma”.

A entidade de defensa da lingua salienta a importancia duns feitos que en palabras do seu presidente, Marcos Maceira, "demostran que ante unha vulneración dos dereitos lingüísticos que afecta tamén ao dereito á saúde e á dignidade dun cidadán, as forzas de seguridade vulneran toda a lexislación que ampara o lexítimo dereito da cidadanía galega a empregar a nosa lingua, tentando coaccionar a un cidadán para que renuncie a facelo". "Non satisfeitos con mentir e desinformar sobre os dereitos lingüísticos", explica Maceira, "os policías denunciaron a vítima por suposta alteración da seguridade e
a delegación do goberno afonda na indefensión dos nosos dereitos lingüísticos, propondo unha sanción cualificada como grave cunha multa de 600€".

En efecto, a delegación do goberno avalou o informe emitido polos axentes, deslexitimando as declaracións de testemuñas presentes no lugar por seren veciñas da vítima (como todas as citadas para o cribado). Neste sentido, a Mesa destaca "a falta de neutralidade e de imparcialidade por parte da instrutora do procedemento, nomeada pola delegación do goberno español en Galiza", que chega a cuestionar a comprensíbel indignación dun cidadán “solo por decirle que el personal médico no tenía la obligación de hablarle en gallego”. A Mesa advirte que con esa afirmación a delegación do goberno nega validez a un dereito recollido nos artigos 74.s) da Lei 2/2015 do emprego público de Galiza; ao art. 51 que define os requisitos lingüísticos do funcionariado, que debe coñecer a lingua; e ao artigo 54.11 do Real Decreto Lexislativo 5/2015 de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público. Tampouco contempla a posibilidade de que en virtude do art. 185.1.b) da mesma Lei 2/2015 estamos perante un caso de discriminación por motivo de lingua, o que é unha falta moi grave e pode levar consigo a inhabilitación para a función pública.

A Mesa pola Normalización Lingüística, a través da Liña do Galego, xa se dirixiu á delegación do goberno, instándoa a suspender o procedemento contra o cidadán e a abrir dilixencias contra os policías. A Mesa solicita tamén que se forme os membros das forzas de seguranza nos dereitos lingüísticos da cidadanía para evitar que se repitan feitos como este.
 

OPERACIÓN COLUMNA, donde se PUDIERON COMETER delitos:DETENCIÓN ILEGAL, ALLANAMIENTO DE MORADA, MALVERSACION CAUDALES PÚBLICOS ECT.  Deben ser investigados Y los que la ordenaron Y ejecutaron tienen que ser puestos a disposicion judicial