Peregrinos terceira etapaBrandomil.- Nin a choiva foi capaz de deter aos case 150 peregrinos que hoxe fixeron a terceira etapa do camiño Santiago Muxía por Brandomil, saíndo dende a Ponte Romana de Brandomil, e pondo fin na igrexa de Berdoias. O próximo domingo realizarán a cuarta e última etapa, recibindo a súa muxiana correspondente, que recoñece a finalización deste tramo.

Nesta terceira etapa novamente todos os concellos involucrados foron partícipes: A Baña, Santa Comba, Mazaricos, Zas e Vimianzo, así como todas as asociacións que están sendo axudando na identificación, limpeza e organización: Lumieira (A Baña), San Luís da Pereira e Trotasendas (Santa Comba), Asociación Cultural Antes (Mazaricos), Grandimirum (Zas) e Baíñas no Camiño e Asociación Parroquial Berdoias (Vimianzo).

O número de camiñantes que se uniron neste terceiro ano, fai máis evidente as ganas que hai de recuperar este Camiño, cargado de peso histórico e datos que secundan o traxecto de Santiago a Muxía, no seu paso por Brandomil.

Otros articulos relacionados.....