O verán é especialmente recomendable para localizar constelacións e mesmo para contemplar a Vía Láctea dende lugares con pouca contaminación lumínica

Información
;Gente 19 Junio 2017 Sección; Especiales

O verán comezará no hemisferio Norte ás 6.24 horas deste mércores 21 e prolongarase ata as 22.02 horas do vindeiro 22 de setembro, segundo o Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC que dirixe José Ángel Docobo.
O fenómeno astronómico máis relevante do próximo verán, a parte da choiva de estrelas Perseidas na noite do 12 ao 13 de agosto, será a eclipse parcial de Sol, aínda que de moi baixa magnitude.

Este fenómeno poderá verse na península Ibérica xusto no solpor do 21 de agosto e durante un período de media hora aproximadamente. A eclipse será en cambio total nunha franxa de pouco máis de 100 quilómetros  de ancho que discorrerá polo océano Pacífico, Norteamérica e o océano Atlántico.
Así mesmo, o día 7 de agosto producirase unha eclipse parcial de Lúa, pero cando esta saia en Galicia xa estará na fase penumbral, que pode pasar desapercibida, porque a Lúa verase chea aínda que con luz mais tenue. Polo que atinxe á observación dos planetas, Saturno vai estar presente no ceo nocturno ao longo de todo o verán, ao igual que Xúpiter, pero este último irase poñendo máis cedo a partir de xullo. Venus será o luceiro do alba, e Mercurio a finais de xullo estará en moi boas condicións de poder ser observado a simple vista cara ao oeste loguiño do solpor. Finalmente, Marte pasará de ser visible na noitiña ao amencer.
O verán é especialmente recomendable para localizar constelacións e mesmo para contemplar a Vía Láctea dende lugares con pouca contaminación lumínica. O emblema do ceo desta estación é o triángulo formado polas brillantes estrelas Vega (constelación da Lira), Deneb (no Cisne), e Altair (na Aguia).
Nota meteorolóxica Logo dun verán e outono de 2016 secos, o inverno de 2017 non foi moi chuvioso (excepto febreiro, con 278 litros/m2). A primavera, resultou así mesmo seca na contorna de Compostela. Os 230 l/m2 recollidos en maio non chegaron a compensar os cativos 30 l/m2 de abril nin os 7 l/m2 de xuño, polo que o período correspondente aos doce últimos meses (1.225 litros/m2) é un dos mais secos das últimas décadas, só comparable a aquel de xuño 2011- xuño 2012, cando se recolleran 1.243 litros/m2. Daquela, o primeiro semestre do ano 2012 aínda fora mais seco que o presente a pesares das choivas de xuño, segundo lembra o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC.

  • A cuenta de una desgracia para Galicia... no se persigue el furtivismo ,se aprovecha por unos listillos y Mar Sanchez Sierra hace propaganda para su persecución.

    Xornal Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Vigo Santiago Localidades[…]

    A cuenta de una desgracia para Galicia... no se persigue el furtivismo ,se aprovecha por unos listillos y Mar Sanchez Sierra hace propaganda para su persecución.  Según Feijóo la cuestión del " furtivismo pesquero"; La culpa es de los turistas madrileños en Sanxenxo y de CAYETANA ÁLVAREZ DE TOLEDO.El video de la " trama con los decomisos " de la pesca será enviado a organismos-representantes en Europa para que toman conciencia de como Mar Sánchez y Rosa Quintana cumplen la legalidad del furtivismo. En especial será trasladado en mano a la Comisaria Portuguesa Doña Elisa Ferreira responsable de los fondos de cohesión y reformas al objeto de que compruebe por si misma el y los usos que le dan Feijóo, Rosa Quintana y María del Mar Sánchez Sierra al dinero de los ciudadanos de Europa y su forma personal, muy particular de cumplir la legalidad en Materia de Furtivismo.ES DE TAL MAGINITUD EL DESCARO CON EL DINERO EUROPEO,  QUE SE MONTAN FIESTAS EN O MONTE DO GOZO A PUERTA CERRADA CON BAILES DE MARIACHIS DE QUERÉTARO (PEMEX-MÉXICO) CON TODOS LOS MAMANDURRIAS Y PALEMEROS, Exclusiva de Pladesemapesga Rosa[…]

Otros articulos relacionados.....