17.06.2015.- A Varela bastáronlle os dous primeiros días de mandato para decidir o reparto de funcións do novo goberno, dedicando a terceira xornada para firmar e facer pública a Resolución da Alcaldía na que se recolle a estrutura do goberno socialista. Varela encabeza esta estrutura que conta cunha sólida base composta polas áreas de Educación e Deportes, cuxas delegacións asume Argimiro Serén Mera; Urbanismo e Infraestruturas Municipais, da que se responsabiliza Paola María Mochales e Servizos e Relacións Veciñais, dirixida por Lino Mouriño Santiago. Da área de Cultura, Xuventude e Persoal farase cargo Sonia Outón Casal e da de Economía e Facenda Luz María Abalo Pérez. Pola súa banda, Tania García Sanmanrtín asume a responsabilidade da Área de Benestar Social e Igualdade, mentres que Juan Antonio Pérez Callón dirixirá a Área de Policía Local, seguridade e Promoción Económica. Cada unha destas áreas engloba varias temáticas.
Varela explicou que Vilagarcía necesita que o novo goberno se poña a traballar canto antes, por iso a súa primeira tarefa foi repartir as áreas de traballo. A distribución fíxose rápido, pero de forma meditada e axustando as delegacións á cualificación e competencias que mellor se adaptan a cada concelleiro, a efectos dunha maior eficacia e operatividade.
Dado que a intención do goberno socialista é poñerse a traballar xa, tras anunciar o reparto de funcións, o equipo ao completo foi a presentarse aos departamentos e servizos do Concello, comezando polos da Casa Consistorial. As visitas proseguirán mañá polos servizos externos.
Cinco liberacións co mesmo gasto
En canto ás liberacións. Varela Paz explicou que manterase o montante fixado nos presupostos polo anterior goberno de PP e IVIL, aínda que se repartirá máis para que os edís teñan maior presenza diaria no Concello para as labores de xestión dos seus departamentos e atención ao público.Así, en lugar das tres dedicacións completas establecidas por Fole para el a as súas dúas tenentes de alcalde, agora só se manterá a liberación total do alcalde coas mesmas retriucións que antes, e fíxanse catro parciais que ocuparán Tania García, Paola María, Sonia Outón e Lino Mouriño. A suma das retribucións destas catro liberacións parciais será igual á das dúas tenencias de Alcaldía existentes no goberno de PP e IVIL, e fixarase en proporción ás horas liberadas a cada concelleiro en función das necesidades das súas respectivas áreas.
Menos persoal de confianza Finalmente, Alberto Varela reducirá o custe do persoal de confianza, prescindido, alomenos, de un dos tres (catro na etapa final do mandato) cos que contou o seu predecesor.
Preparación do Pleno organizativo
Nesta primeira comparecencia ante os medios de comunicación do novo goberno que preside Alberto Varela, o alcalde comentou a súa intención de poñerse a traballar de seguido nos preparativos do pleno de organización no que a Corporación deberá aprobar o calendario de sesións, as concellerías liberadas e as retribucións de cada unha delas, así como designar aos representantes do Concello na Mancomunidade, na Autoridade Portuaria e o resto de consellos e órganos municipais.
Varela tiña previsto volver a reunirse esta semana cos grupos da oposición para abordar estes asuntos a efectos de elaborar unha proposta que conte co respaldo da maioría da Corporación.
 
  • Una trama piramidal que podría haber recaudado ya más de 500 millones de euros con material sanitario presuntamente falsificado apunta directamente a Feijóo.

    Xornal Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Vigo Santiago Localidades[…]

    Una trama piramidal que podría haber recaudado ya más de 500 millones de euros con material sanitario presuntamente falsificado apunta directamente a Feijóo. El Gobierno liderado por Feijóo  APROVECHÓ LA PANDEMIA Y EL CORONAVIRUS PARA REALIZAR UN NEGOCIO PIRAMIDAL EN MATERIAL SANITARIO PRESUNTAMENTE FALSIFICADO POR TODO ESPAÑA, desde  la Xunta que ponía en funcionamiento su maquinaria comercial a través del (CECOP) Centro de Coordinación Operativa), para realizar un negocio piramidal compartido y utilizando como intermediaria  la empresa SIBUCO 360 S.L y las mascarillas que llegaron a la sede del Sergas en Negreira comenzando su venta a través y web institucional del Sergas con las líneas 902 077 333 como teléfono único de contacto con la Xunta de Galicia http://archive.is/FkQwZ cuya publicidad y campaña fue lanzada por María del Mar Sánchez Sierra ( Asesora del PPdeG ) bajo presupuesto de más de 390.000 euros en el que si incluye campañas pidiendo donativos con el ASUNTO ANÖNIMO, para justificar y presuntamente blanquear capitales a través de 4 cuentas bancarias en distintas entidades privadas, entre ellas ABANCA, SABADELL, SANTANDER etc . Comenzando la publicidad y pesca de[…]