CCOO Ensino apoia o escrito publicado polo departamento de Servizos culturais e á
comunidade onde denuncian a falta de previsión e organización na implantación e
modificación das ensinanzas asociadas o departamento.
CCOO Ensino xa puxo de manifesto o seu malestar polos cambios impostos pola consellería no mes
de xuño, coa oposición de todo o claustro de profesores do CIFP Portovello. O informe emitido polo
departamento, que fai balance do caótico inicio de curso só constata o que xa advertimos.
CCOO Ensino considera moi grave os feitos relatados no informe polo departamento de Servizos
culturais e á comunidade no que brevemente se denuncia:
•
Ciclo Superior de Animación Sociocultural e turística: Non se dispón dos espazos e medios
materiais mínimos marcados polo currículo do título.
•
Ciclo Superior de educación infantil e Ciclo Medio atención a persoas en situación de
dependencia vespertinos (persoas adultas): Modificación da oferta modular (curso 14-15) a
oferta a vespertina (curso 15-16). Falta de previsión nas actuacións da consellería que
provocan que a mediados de outubro o alumnado que acude a estas ensinanzas non estivese
matriculado. Situación que impedia que o profesorado puidese xestionar a organización das
ensinanzas e que se uniu o grave desorde que supón para este tipo de alumnado pasar de
oferta ordinaria presencial a vespertina.
•
Ciclo Medio de Atención a persoas en situación de dependencia a distancia: Alumnado
obrigado a matricularse nesta oferta
non dispón de ordenador nin conexión a internet.
CCOO Ensino urxe a consellería a dotar de medios humanos e materiais o CIFP Portovello para
poder afrontar o curso 15-16 de maneira que garanta unha xestión das ensinanzas cuns parámetros
mínimos de calidade.
CCOO Ensino esixe que a consellería escoite a comunidade educativa a hora de facer modificacións
nos títulos ofertados polos centros de formación.
CCOO Ensino solicita que a consellería se reuna co equipo directivo e o departamento de servizos
culturais e á comunidade do CIFP Portovello co obxectivo de mellorar na medida do posible as
ensinanzas ofertadas no curso 15-16 e planificar as modificacións necesarias para o vindeiro curso
16-17 co fin de arranxar o desaguisado imposto no curso actual. {jcomments on}