A Consellería de Traballo e Benestar (PP) pon en grave perigo o único centro Terapéutico de Galicia que atende a menores con psicopatoloxías.

Información
;Denuncias 25 Septiembre 2015 Sección; Especiales

CCOO e CIG denuncian que o procedemento de selección das entidades de xestión dos

servizos, atende a criterios meramente economicistas, sen ter en conta as necesidades

específicas dos usuarios do Centro.

A modificación dos criterios para a elección das entidades de xestión por parte da

administración, pode levar a perda de 8 postos de traballo de persoal especializado na

atención de menores (de entre 14-18 anos) con psicopatoloxías que cometeron delitos.

CIG e CCOO responsabilizan á Consellería dos posibles riscos físicos e psíquicos aos que poden

quedar expostos os traballadores, se o Centro non se dota adecuadamente.

As centrais sindicais poñen de manifesto o total desacordo coa convocatoria de selección de

entidades de xestión, que vai supoñer a

perda do 20% do persoal, unha merma na calidade da

intervención

, así como un incremento alarmante dos riscos inherentes á labor que

desenvolven os traballadores do Centro de Menores de Montefiz.

CCOO e CIG reclaman que a Consellería modifique a convocatoria, atendendo a criterios que

garantan que as intervencións que realizan os traballadores, repercutan positivamente nos

menores, e que non poñan en perigo a integridade física e psíquica dos mesmos, tal e como o

propio

Valedor do Pobo lembra no seu informe do ano 2014, onde di:

“A obrigación de priorizar o investimento en mais e mellores recursos que permitan unha

adecuada intervención reeducadora e socializadora nos menores que cumpren medidas de

internamento".{jcomments on}