• A administración ten pensado eliminar a oferta para persoas adultas dos ciclos formativos de Educación Infantil, Atención a persoas en situación de dependencia e Administración e Finanzas.

  • Varios deses ciclos formativos teñen unha demanda de alumnado elevada que non xustifica a súa eliminación, salvo por aplicación de criterios estritamente economicistas que non son de recibo.

  • Non se permitirá que o alumnado remate a súa formación de forma presencial.

STEG denuncia un novo recorte proposto dende a Consellería de Cultura, Educación e O.U. Desta volta, e seguindo o camiño marcado polo seu antecesor Jesús Vázquez Abad, o novo conselleiro Román Rodríguez González asesta un novo golpe á formación profesional na cidade de Ourense coa eliminación de tres ciclos formativos para persoas adultas. Serán eliminados o Ciclo Superior de Educación Infantil, o Ciclo Medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia e o Ciclo Superior de Administración e Finanzas.

Elimínase, deste xeito, a posibilidade de que o alumnado poida cursar esta formación profesional de forma presencial e en horario de tarde. Nin tan sequera se lles permitirá rematar a formación que xa comezaron de forma presencial, senón que terán que facelo na modalidade de formación a distancia.

STEG non entende esta postura do Conselleiro, xa que que a matrícula dos ciclos que pretende eliminar é elevada. A pregunta que cómpre facerse é se o criterio da Consellería resulta ser simplemente economicista, isto é, considerar que ese centro ten que estar pechado en horario de tarde aínda a custa de deixar de ofertar uns ciclos con demanda na sociedade ourensá.

STEG critica que, máis unha vez. o discurso cara á galería da Administración galega non ten nada que ver coa súa práctica real. Por unha banda insisten en que estamos en proceso de mellora da situación económica, e por outra, continúan coa súa política de recortes en materia educativa. Queda por comprobar se, como vén sendo habitual no goberno galego, esta nova medida de desmantelamento do sistema público galego de ensino vai ir acompañada dunha axuda aos centros privados e concertados, e se esta oferta que se elimina no CIFP Portovello non acabará sendo concedida a algún outro centro privado/concertado da cidade.

Secretariado Nacional de STEG

APEDANICA pide al Ministerio de Defensa todo sobre el criptosistma TrueCrypt

CRIPTÓLOGO Dr. (PhD) Miguel Gallardo Tel.  902998352 Email apedanica.ong@gmail.com Asociación APEDANICA...

CNI e INCIBE deben publicar datos y costes de descifrar para el Juzgado

Dr. (PhD) Miguel Gallardo PERITO Tel.  (+34) 902998352 E-mail: apedanica.ong@gmail.com Asociación...

REVERENDO & THE NEW PREACHERS + LA GUERRERO en El Junco 5.9.19 RESEÑA en www.miguelgallardo.es/reverendo.pdf

Comentada en https://twitter.com/miguelgallardo/status/1169902496539561984 El Reverendo es…. inefable, es decir, que no...

DEFICIENTES CONTROLES ESTATALES EN SUS PROPIOS MODIFICADOS DE OBRAS ENTRE 2014-2016

 Preocupante el Informe nº 1328, del Tribunal de Cuentas, respecto...

Concierto benéfico "Música contra la Corrupción"

Ilmo Sr. D. Alfredo Canteli. Alcalde de Oviedo    Nos dirigimos a...

Inmigración ilegal, derechos humanos

Sánchez Fornet 28 de agosto de 2019 Un náufrago tiene que ser...

Mar Sánchez Sierra CONVIERTE LA PRESIDENCIA DE LA XUNTA con su cargo y acciones en una pirámide de acoso judicial, persecución institucional, amenazas y coacciones utilizando altos cargos de la Xunta contra Miguel Delgado Director de Xornal Galicia y Presidente de Pladesemapesga.


Otros articulos relacionados.....