Feijóo Mentiran; Quere pagar a campaña electoral do PP cos días de ASUNTOS PROPIOS DOS FUNCIONARIOS:: ¿Haya que ter cara dura ?..

Información
; Corrupción 15 Octubre 2015 Sección; Especiales

As trampas e fraudes de Feijóo o MENTIRAN; O Goberno do PP na Xunta non quere devolver os días por decreto, quere que asinemos a renuncia aos 9 días de Asuntos Propios para que eles mande cartos a Arxentina a montar chiringuitos electorales

Eles quitáronos, que eles os restauren

A Xunta non quere devolver os días por decreto, quere que asinemos a renuncia aos 9 días de Asuntos Propios

O texto do Real Decreto lei 10/2015, de 11 de setembro, (BOE de 12 de setembro), polo que se conceden créditos extraordinarios e suplementos de crédito no orzamento do Estado é claro e faculta ás Administracións Públicas para que poidan devolver os días. Non esixe ningunha modificación lexislativa nin ningunha lei ad hoc, senón que valéndose da potestade regulamentaria as Administracións Públicas a Xunta pode facelo de oficio mediante Decreto do Consello de Goberno, sendo ademais un caso de extraordinaria e urxente necesidade, o cal xustificaría utilizar esta fórmula.

Tendo en conta esta especial habilitación, DENDE A CIG ESIXIMOS,

  • Que a Administración da Xunta de Galiza aprobe mediante decreto do Consello de Goberno a devolución dos días de asuntos persoais, días adicionais de asuntos persoais por antigüidade, e días adicionais de vacacións por antigüidade, de xeito que reflicta, como mínimo, o que o propioReal Decreto lei 10/2015 establece para os/as empregados/as públicos/as do Estado, así como un período de desfrute amplo, de cara a non causar perxuizos polo seu desfrute tanto ao persoal como á propia Administración da Xunta.
  • Que se convoque Mesa Xeral de Empregados/as Públicos/as para aprobar a devolución dos 3 días restantes de asuntos persoais (ata os 9 que os/as empregados/as públicos/as da Xunta de Galiza tiñamos antes dos recortes, e a secuenciación dos días adicionais de vacacións por antigüidade, para o cal dende a CIG propoñemos un día adicional con cada trienio a partir do primeiro ata os catro que permite o Real Decreto lei 10/2015.

A Xunta en vez de actuar con dilixencia, estivo remoloneando e agora quere que asinemos un acordo onde só devolven 6 días. Se eles recortaron sen necesitar o concurso de ninguén, non necesitan tampouco o concurso de ninguén para restaurar unha mínima parte. E se non o fan, que todo o mundo tome nota desta chantaxe do Partido Popular aos empregados/as públicos/as galegos/as antes dunhas eleccións.

--

Otros articulos relacionados.....