A representación sindical estuda medidas de protestas pola reforma da lei de medios públicos agochada na lei de Acompañamento que se aprobará o vindeiro día 22 de decembro

 

Bando-San Marcos Santiago de Compostela, a 2 de decembro de 2015.

                                                                    

          O Comité Inter-centros da Compañía de Radio-Televisión de Galicia rexeita que o Partido Popular de Galicia fixese valer a súa maioría parlamentaria para aprobar en terceira votación o Mandato Marco para a CRTVG, eludindo dese xeito o espírito negociador que emana da lei 9/2011 de medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia para establecer o modelo de Radio e Televisión de titularidade pública.

          Para a representación sindical, o texto do Mandato Marco non ofrece garantías abondo para a prestación dun servizo público de calidade, xa que non establece medidas para asegurar a pluralidade e imparcialidade dos servizos informativos e tampouco senta as bases dun modelo de medios con contidos que permitan satisfacer a súa encomenda de divulgación da lingua e a cultura galegas para o conxunto da sociedade.

          O Comité Inter-centros da CRTVG considera que o articulado do Mandato Marco súmase a outras medidas que poñen en risco o carácter público e plural do medio, como o pacto entre o PPdeG e o PSdeG para acaparar os seis membros do renovado Consello de Administración da futura Corporación -deixando fóra a outros grupos con representación parlamentaria- ou a modificación da lei 9/2011 para permitir que o actual Director Xeral permaneza no cargo ata que o Parlamento consiga aprobar por maioría cualificada un novo candidato ou candidata.

          Os representantes dos traballadores e traballadoras da CRTVG veñen denunciando desde hai varias semanas a reforma da lei 9/2011, de 9 de novembro, dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia que o PPdeG introduciu na lei de Acompañamento ao proxecto de lei de Orzamentos para o ano 2016 e que consideran un xeito de perpetuar a política de privatización da produción propia, a manipulación dos servizos informativos, e os permanentes recortes e perda de dereitos laborais promovida pola xestión do actual titular no cargo, Alfonso Sánchez Izquierdo.

          O comité condena a disposición derradeira cuarta da lei de Acompañamento que modifica a lei de medios públicos galega, que establecía na súa disposición transitoria terceira que tanto o Consello de Administración como o Director xeral quedarían en funcións ata “o nomeamento dos órganos de dirección da Corporación RTVG”. O novo texto establece agora que tanto o Consello como o máximo responsable da Compañía quedarán ata que “se inicie pola Corporación RTVG a súa prestación do servizo público”, o que ao entender dos sindicatos é un xeito de vulnerar o principio democrático que motivou o modelo de elección do director xeral na lei 9/2011, é dicir, a través dunha maioría cualificada de dous terzos en primeira votación e tres quintos nunha segunda, é dicir, a través de pactos previos que obriguen a un consenso entre distintas forzas políticas.

          Igualmente, o texto reformado establece que se no momento de constituírse definitivamente a Corporación RTVG non hai un acordo e o Parlamento de Galicia non elixiu un novo director ou directora, o actual titular no cargo permanecerá transitoriamente no exercicio das súas funcións, o que consideramos un obstáculo calculado contra a renovación democrática do Director Xeral.

          Os sindicatos denuncian que esta reforma provocará, intencionadamente, unha situación de permanente bloqueo na elección democrática do Director Xeral da nova Corporación, mesmo na hipotética situación de que, tralas eleccións autonómicas, mude a composición parlamentaria en Galicia e o goberno da Xunta, permitirá a continuidade dunha xestión que consideran privatizadora, cunha programación de dubidosa calidade e un grao de manipulación informativa inadmisible.

          O Comité Intercentros lembra que durante a tramitación da lei 9/2011 de medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia a representación sindical advertiu de que o texto da norma non era suficientemente garantista nin compatible co servizo público esencial polo que, ademais de facerlle chegar achegas aos grupos parlamentarios antes da súa aprobación –que foron rexeitadas- , convocou numerosos actos de protesta, manifestacións e folgas para forzar a súa mellora. Porén –advirten os sindicatos- un dos poucos aspectos cos que traballadores e a propia sociedade se manifestaron de acordo, que é a elección democrática do Director Xeral, queda agora anulada a través da reforma da lei que, segundo aseguran, se fai sen unha negociación previa parlamentaria e agochada noutra norma nun acto que consideran contrario a calquera vontade de rexeneración democrática.

          Ante esta sucesión de medidas -aprobación unilateral do Mandato Marco, falta de pluralidade no Consello de Administración e perpetuación do actual Director Xeral- que o Comité Inter-centros cualifica como contraria a calquera vontade de rexeneración democrática, o Comité Inter-Centros estuda convocar accións de protesta para o día 22 de decembro, cando está prevista a aprobación da lei de Acompañamento que consolida a Sánchez Izquierdo de xeito indefinido na dirección da futura Corporación.{jcomments on}

  • El futuro en la Xunta de Galicia de Feijóo y Mar Sánchez Sierra podría estar en los documentos de Pemex-Barreras que tiene el periodista Miguel Delgado.

    Xornal Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Vigo Santiago Localidades[…]

    El futuro en la Xunta de Galicia de Feijóo y Mar Sánchez Sierra podría estar en los documentos de Pemex-Barreras que tiene el periodista Miguel Delgado.  Siguen cayendo imputados por corrupción de Pemex en México y comunica al periodista Miguel Delgado que el Presidente de la Xunta esta siendo investigado por la fiscalía de México. Tras una larga investigación sobre los viajes de Feijóo y Mar Sánchez Sierra a México desde el año 2013 en que empezó la corrupción en la petrolera de México dueña de los Astilleros Barreras de Vigo en lo que intermedió Feijóo y Mar Sánchez Sierra dejaron un rastro tan amplio y de impunidad que ahora según la fiscalía mexicana están directamente bajo investigación sumarial en México y que podrían sumarse a los principales imputados en la corrupción de la petrolera mexicana con fuertes vínculos en Vigo, Celta y Astilleros Barreras.Nuevo detenido en Pemex Miguel Ángel Lozada Aguilar que podría estar vinculado a la trama gallega en Astilleros Barreras, sumándose a los íntimos amigos de Feijóo ex Presidente Peña Nieto o Lozoya perseguidos por la Interpol por saquear la petrolera mexicana dueña[…]

Comparadores y Simuladores de Hipoteca

Según los datos que nos llegan desde el INE, ya...

Tu dieta necesita apoyo de Meritene para cubrir necesidades nutricionales

Llevar una dieta balanceada es una de las principales bases...

La ley hipotecaria vuelve a afectar a la firma de nuevos contratos

La contratación de hipotecas ha seguido bajando durante estos últimos...

César Acuña delega en Luis Valdez atacar al Dr. Miguel Gallardo

Dr. (PhD) Miguel Gallardo PERITO Tel.  (+34) 902998352 E-mail: apedanica.ong@gmail.com Asociación...

Consejos para crear un Call Center

Son muchos los negocios hoy en día que ven en...

Micrófonos con falsos interruptores espían a invitados a tertulias televisivas

Dr. (PhD) Miguel Gallardo PERITO Tel.  (+34) 902998352 E-mail: apedanica.ong@gmail.com Asociación...

Anunciantes de CONFIEP en programas mermeleros del Perú serán identificados desde España

Dr. (PhD) Miguel Gallardo PERITO Tel.  (+34) 902998352 E-mail: apedanica.ong@gmail.com Asociación...

Actualidad Ibérica Comisionólogos de comisionistas, comisariados y comisarios. Hacia la comisionología y su Ética

Dr. (PhD) Miguel Gallardo PERITO Tel.  (+34) 902998352 E-mail: apedanica.ong@gmail.com Asociación...

Aspectos a tener en cuenta al elegir un software call center

El aspecto de la comunicación siempre ha contado con una...

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi