Información
3342 votos

CHAMAMENTO DA COORDINADORA ESTATAL POLA DEFENSA DO SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS

Información
;Aula-Experiencia por José Antonio Sierra 11 Diciembre 2017 Sección; Especiales
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Ante o ataque que está a sufrir o noso Sistema Público de Pensións, co PP e Ciudadanos decididos a poñelo en mans da especulación e entregárllelo aos bancos e compañías de seguros, e o PSOE preocupado por non perder os seus postos nos consellos de administración das empresas do Ibex 35, e contra un goberno que só goberna para os que máis teñen, deixando ao marxe do crecemento ao 90% da sociedade; un goberno que utiliza sistematicamente o veto parlamentario ás leis que benefician á maioría da poboación, que prefiere dar diñeiro á banca e autopistas quebradas para o seu rescate antes que subir pensións e salarios, que saqueou sistematicamente o Fondo de Reserva da Seguridade Social que mantén as pensións practicamente conxeladas desde hai seis anos, aplicando unha porcentaxe irrisoria  para a súa actualización anual mentres o custo da vida sube cada vez máis.

 

¡CHAMAMOS Á MOBILIZACIÓN, Á LOITA E Á RESISTENCIA!

Porque o Sistema Público de Pensións é hoxe o maior distribuidor de renda do país e, se o privatizan, o dano será para tódalas clases populares, pois a contía das pensións descenderá de xeito alarmante e xa temos máis de catro millóns de pensionistas no umbral da pobreza.

Dirixímonos especialmente aos medios de comunicación, para que difundan a nosa loita e fagan un seguimento das nosas, cada vez máis numerosas,  mobilizacións.

Porque non podemos permanecer impasibles ante o despropósito de afundir aínda máis na pobreza e a exclusión social a amplas capas de poboación: unha inmensa sociedade de pobres no medio da maior abundancia que tivemos nunca e que só favorece a uns poucos.

Por elo, a Coordinadora Estatal da que forma parte MODEPEN, convocou o 13 de decembro concentracións diante das oficinas dos Defensores do Pobo nas capitais de cada Comunidade Autónoma, ou das Delegacións do Goberno no resto das provincias, para facerlles chegar a nosa protesta e as nosas reivindicacións, que consideramos xustas e non pararemos ata conseguilas.

Chamamos por último a tódalas persoas que son na actualidade pensionistas e ás que o serán no futuro, a que non voten a ningún partido que non se comprometa firmemente a defender o Sistema Público de Pensións e a garantizar a súa financiación cos Presupostos Xerais do Estado en caso de ser necesario, independentemente das cotizacións  sociais.

  • La mano NEGRA de FEIJÖO y MAR SÁNCHEZ SIERRA están haciendo gestiones para rescatar con dinero público los Astilleros Barreras que son de sociedades opacas de Malta y Panamá.

    Xornal Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Vigo Santiago Localidades[…]

    La mano NEGRA de FEIJÖO y MAR SÁNCHEZ SIERRA están haciendo gestiones para rescatar con dinero público los Astilleros Barreras que son de sociedades opacas de Malta y Panamá. FEIJÓO JUNTO A MAR SÁNCHEZ SIERRA SIGUEN ACTUANDO COMO INTERMEDIARIOS DE LOS ASTILLEROS BARRERAS PARA CAPTAR MÁS FONDOS PÚBLICOS Y PAGAR FAVORES DE LA OCULTACIÓN DE SUS VÍNCULOS CON LA CORRUPCIÓN INTERNACIONAL ENTRE LOZOYA-PEMEX-FEBI-FISCALÍA DE MÉXICO.XORNAL GALICIA RECOMIENDA A FEIXÓO MANDAR AL MANZANILLO BASANTA A NEGOCIAR ASUNTOS DE PESCA MAYOR Y MENOR, ( PELOTAZOS, SUBVENCIONES )  EN LENGUAJE TURKOMAN. ESTA RONDA LA PAGA LA UNIÓN EUROPEA, MAR SÁNCHEZ MAQUETA LA FINANCIACION REPUTACIONALPese a meter de lleno en los ardices a Ritz Carlton y Prothero en la compra, del astillero vigués Barreras cuyo trasiego por decenas de sociedades opacas en paraísos fiscales para DILUIR LA CULPABILIDAD Y VÍNCULOS DE FEIJÓO Y MAR SÁNCHEZ SIERRA CON LA TRAMA DE CORRUPCIÓN no acaban de producir suficiente dinero para repartirse entre los gestores con el asesoramiento personal de Feijóo y ya están TRAMANDO nuevas actividades para levantar las cuentas con más fondos públicos o de entidades que no sean de su propio bolsillo. Ritz[…]