A Deputación da Coruña colabora por vez primeira nos Premios María Casares

Información
;Suplementos 03 Marzo 2016 Sección; Especiales

A vicepresidenta da Deputación e responsábel da área de Cultura, Goretti Sanmartín, participou no acto de entrega de diplomas a finalistas dos XX Premios de Teatro María Casares. Trátase da primeira vez que a Deputación da Coruña colabora coa Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) na organización dos seus premios.

Os Premios María Casares chegan á súa XX edición como gran escaparate do teatro galego e contan por primeira vez, entre outras novidades da conmemoración, coa colaboración da Deputación da Coruña. O apoio quedou xa á vista no acto de entrega dos diplomas a finalistas das distintas categorías que se desenvolveu o martes día 1 de marzo no Salón Teatro de Santiago e que contou coa participación da vicepresidenta Goretti Sanmartín.

"O principio de Arquímides", de Teatro do Atlántico; "Ensaio sobre a cegueira", de Sarabela Teatro e "Presidente" de Teatro do Morcego, son as montaxes que optan a máis premios nunha convocatoria na que se catorce espectáculos optan a algunhas das tamén catorce categorías dos premios. "Xardín suspenso", do Centro Dramático Galego; "Manawee", de Matrioshka Teatro; "Noiteboa", de Redrum Teatro; "Panamericana" de A Panadería; "Calpypso" de Voadora; "O Furancho", de Ibuprofeno Teatro; "Unhas poucas picadelas" de Teatro de Ningures; "30 e tantos ósos" de Aporía Escénica; "Feo!" de Caramuxo Teatro; "O Crédito" de Eme2 Producións e "Jim e a Illa do Tesouro", de Eme 2 Producións son as outras producións con opción a premio.

"Os Premios María Casares contribúen de maneira clara á promoción do noso teatro, un sector que precisa de iniciativas como a da Asociación de Actores e Actrices de Galicia para acadar novos públicos por iso desde a Deputación da Coruña consideramos de especial relevancia colaborar para o seu desenvolvemento", destaca Goretti Sanmartín.

Os premios entregaranse o vindeiro día 30 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña.

Otros articulos relacionados.....