A bulneración dos mandamais da Xunta de Galicia (PP) e de tal calibre que xa dispoñen do patrimonio dos galegos/as como armas poderosas para facelo. Poden cambiar normativas segundo lles conveña, non contestar os escritos e as denuncias dos cidadáns, decidir se se abren ou non un procedemento sancionador (nunca se a denunciada é a Confederación Hidrográfica!) ou algún dos amigoas do Sr Feijóo ou a súa comapaña pol´tica na Xunta de Galicia..... | |
![]() Que o proxecto de encanamento é inútil, despilfarrador e destrutivo para o noso patrimonio, xa o sabedes todos os que estades hoxe aquí. Dende o principio estamos a pedir que se constrúa sen destruír, que se constrúa sen malgastar. Levamos sete meses berrando para que a xente abra os ollos e non se deixe cegar polo sectarismo ideolóxico ou os trucos ilusionistas da Confederación Hidrográfica. O que hoxe cómpre facer é chamar a atención sobre a loita desigual que se vén desenvolvendo, insistimos, entre os cidadáns comprometidos, por un lado, e a Administración que supostamente traballa para todos, por outro. Son os promotores do proxecto de encanamento os que, poñéndose absurdamente á defensiva desde o minuto un, empezaron a marcar no chan esa líña que hoxe nos separa deles e que se converteu nunha fenda que cada día, por desgraza, se abre máis e máis. Imos lembrar, para que non haxa confusións, quen está de cada lado desa liña, de que armas dispón e cales son os seus obxectivos. Do lado da Administración, chegados a este punto, a responsabilidade máis grande corresponde as Consellerías de Cultura e de Medio Ambiente, por renunciar sistematicamente a exercer as competencias de protección do patrimonio cultural e natural de Galicia que teñen encomendadas. Con elas está a Confederación Hidrográfica, o Ministerio de Medio Ambiente, a Subdelegación do Goberno e non poucos amigos en diversos organismos oficiais, todos da mesma corda, agora témolo que dicir sen medo, tapándose as vergoñas abertamente os uns aos outros. Dispoñen de armas poderosas para facelo. Poden cambiar normativas segundo lles conveña, non contestar os escritos e as denuncias dos cidadáns, decidir se se abren ou non un procedemento sancionador (nunca se a denunciada é a Confederación Hidrográfica!). Poden manter cortadas as pontes de Sarria durante meses sen importarlles o máis mínimo, xa non as molestias diarias que iso causa aos veciños, tampouco lles preocupan en absoluto as perdas económicas que iso provoca nos pequenos negocios da zona. Poden intentar amedrentar á xente con multas desproporcionadas, forzadas e abusivas, eles, os especialistas en facer a vista gorda ou mirar para outro lado ante situacións obxectivamente bastante máis dignas de ser perseguidas. Poden ameazar, sutilmente ou non, con ceses de contratos e compras para o Concello, por exemplo, cando o cidadán concernido ten algunha relación coa Plataforma. Poden propagar infundios, que sempre haberá alguén disposto a tragar, e poden prometer unha chea de cousas ao que lles dea a razón, xogando cos cartos que non son deles, no máis puro estilo caciquil, que críamos ter superado. ![]() Do outro lado desa liña de separación estades vós e un montón de xente de boa vontade que nos apoia dende a distancia, sen unha gota de sectarismo no corpo e con moito, moitísimo amor pola nosa vila. As nosas armas son as do sentido común, a boa fe, e o que imos aprendendo da lexislación, tras moitas noites sen durmir estudando as leis e redactando denuncias. O noso obxectivo é ben coñecido. Deixar tras de nós máis árbores e menos cemento, máis pontes de pizarra e menos varandas de metacrilato. Resulta que defendendo isto defendemos o mesmiño que defende a lei. E dicir, que somos nós, nestes sete meses, os que estamos cargando coa responsabilidade de facer cumprir as leis que protexen o patrimonio das xeracións futuras. Como premio, trinta e sete multas por valor de máis de 21 mil euros, que acabarán tendo un efecto boomerang na cabeza dos que pensaron que con ese tipo de tácticas poderían facernos calar. A loita, como vedes, non pode ser máis desigual. Nós xogamos limpo; eles non. Nós xogamos desde o chan, desde a terra; eles desde os despachos e os ordenadores. Nós somos un grupo de cidadáns independentes; eles poñen ao servizo de intereses espurios a poderosa maquinaria administrativa, que fai e desfai, e pode pasar por riba das árbores e as vellas pontes como unha apisonadora. Pero nós temos a forza moral. Isto xa non pode haber quen o dubide. Din que somos “perroflautas” e antisistemas, e non saben o que din. Se algo temos sido é un pouco inocentes de máis, pois iniciamos esta mobilización convencidos de que a Administración era parte interesada en protexer o bosque e as pontes, en reducir o risco de inundacións onde este de verdade existe, e facéndoo de forma respectuosa co patrimonio. Iniciamos a mobilización dando por sentado inxenuamente que todos estabamos no mesmo barco e que por iso tiñamos que chegar a un acordo. Pero a Administración xa entón vía as cousas dun xeito moi diferente. Basta que se discuta pacificamente algunha das súas decisións para que pechen filas, sentíndose atacados nos seus intereses particulares. Porén, cando a reivindicación non é pacífica xa sabemos o que pasou noutros lugares: báixanse os pantalóns á mañá seguinte. Sentímonos estafados, e ata máis vellos e resabiados que cando empezou toda esta leria. Pero somos os mesmos, usando as mesmas armas, e co obxectivo irrenunciable de protexer as árbores e as pontes que son a herdanza dos nosos fillos. Unha herdanza ben fermosa, o último anaco de bosque que queda no centro da vila. Imos deixar que acaben con ela os desalmados da Xunta e a Confederación Hidrográfica? NON! ¡Non ó despilfarro e á prepotencia da Xunta e dos seus amigos! ¡Non ás pontes de formigón, innecesarias e sen historia! ¡Non ás cortas inxustificadas e ilegais! ¡Si ás arbores! ¡Si ás vellas pontes que construiron os nosos avós! Sarria, 8 de 8 de 2014. Plataforma Sarriana polo Río. |
Denuncian o total abandono da Xunta e a súa renuncia sistematica a exercer as competencias de protección do patrimonio cultural e natural de Galicia.
- Información
Denuncian o total abandono da Xunta e a súa renuncia sistematica a exercer as competencias de protección do patrimonio cultural e natural de Galicia.
- Información
- 12 Junio 2015
-
REFORMAS NOVEDOSAS CONTRA LA CORRUPCIÓN EN EL PODER JUDICIAL "Galicia es peligrosa para ejercer periodismo de investigación"
Xornal Galicia A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Vigo Santiago Localidades[…]¿Podrían proporcionar ejemplos de buenas prácticas novedosas y posibles soluciones para prevenir y combatir la corrupción en el poder judicial (tribunales, organismos judiciales autónomos y fiscalías) en países donde la separación de poderes y la libertad de los medios es limitada?, en Galicia la Nueva Directiva europea para proteger a los denunciantes de corrupción pasa totalmente desapercibida y se niegan a hacer cualquier referencia a la misma aunque la soliciten los investigados. La Comisión Europea ha aprobado la nueva Directiva para proteger a todos aquellos denunciantes que informen sobre corrupción o fraudes y violaciones de las leyes en los países de la Unión Europea. Estas medidas establecen unos canales protegidos de denunciasy prohíbe cualquier represalia contra quienes se atrevan a sacar a la luz irregularidades en empresas privadas y organismos públicos, en Galicia el que informa o denuncia es convertido en calumniador y difamador impunemente desprestigiado, acosado, amenazado, perseguido y su solicitud de amparo (ocultada e ignorada por el poder[…]
Opera en criptomonedas con un Broker completamente licenciado – Reseña de CAPEX.com

Las criptomonedas han sido el activo que más se ha beneficiado de la crisis del coronavirus, hoy en día están alcanzando valores históricos que no habíamos visto desde hace años, con el Bitcoin rozando ya los 20.000$ por token y el Ethereum trazando una fuerte línea alcista que remonta ya los 511$. La debilidad de las divisas, la volatilidad de...
La federación de cabos de la UniónGC, consiguen un nuevo éxito para sus compañeros

El mundo se divide en personas que hacen cosas y personas que se las atribuye. La UniónGC, se dedica a trabajar por los suyos. https://schema.org/Person">TRICORNIOS EN DEMOCRACIA 22 Nov 2020 - 11:46 CET "La federación de cabos de la UniónGC, consiguen un nuevo éxito para sus compañeros - Periodista Digital.- La Federación de Cabos de Unión de Guardias Civiles, web UniónGC transmiten a sus compañeros...
El coronavirus asesino salva la Monarquía.
26-02-2021 Por Domingo Sanz
Mientras en Hacienda alguien inventa lo que sea para explicar cuatro millones que son muchos más, el resto sabemos que...
Este 23F Pablo Iglesias no debe ser cómplice de tanto secreto.
23-02-2021 Por Domingo Sanz
Para el 23F de cuarenta años después se ha organizado en el Congreso un evento al que asistirán Felipe VI...
Hoy hace cuarenta años que…
23-02-2021 Juan de Dios Ramírez Heredia
Sí, el día 23 de febrero se cumplen cuarenta años del intento de golpe de estado encabezado por el teniente...
Juventud Asfixiada / artículo Opinión Jesús Antonio Fernández Olmedo
21-02-2021 Opinión
Si, se viene desde hace tiempo y no es esto de ahora, lo que ocurre es que en este momento...
Perseverar en lo Intencional / artículo opinión Jesús Antonio Fernández Olmedo.
21-02-2021 Opinión
¿ De que vale que unos pocos le pongan mucha energía al desarrollo técnico si las poblaciones están con el...
Artículo Periodístico 2.436º: “En Torrejón de Ardoz, Casa Museo de Gigantes y Cabezudos”.
21-02-2021 jmm caminero
Actualmente este museo y la comparsa que lo apoya está formada por siete gigantes y cinco cabezudos, en una exposición...
Recuperar a los jóvenes
20-02-2021 Por Carlos Gonzalez Armada
Cuando "los que entienden" de política entiendan que la reacción de los jóvenes en la calle no es por Hasel...
ESCRIBIR / JOAN LLOPIS TORRES
19-02-2021 Joan Llopis
Sobre un buen escrito, cuando esté terminado, ahora será el tiempo, el momento de escribir la novela. En seis días...
El parlamento alemán avaló hoy la utilización de la marihuana (cannabis sativa)

Los médicos podrán recetar esa droga...
Comisión Europea recibe denuncia sobre inseguridad en comparecencias judiciales telemáticas por asociación
Dr. (PhD) Ing. Miguel Gallardo PERITO Tel. (...
Nace "Carballo é mar" un novo proxecto de promoción do litoral do municipio financiado nun 80 por cento pola U…

Praia de Razo Dende este mes e ata setemb...
Javier Pardo cosecha un gran resultado en Ferrol colándose entre el resto de Suzuki Swift
Excelente fin de semana en el 46º Rallye de Ferrol...
APEDANICA denuncia a las autoridades para proteger a la Infancia micropagos de FALSOS NIÑOS en ROBLOX con su moneda ROBU…
Dr. (PhD) Miguel Gallardo PERITO Tel. (+34) ...
@XulioFerreiro es Alcalde, Autoridad y al mismo tiempo preside una Empresa Privada Municipal en clara infracción de las …

BOLETÍN OFICIAL DEL REGISTRO MERCANTIL Núm. 221 ...
JJpD denuncia la falta de transparencia y el rigor en los nombramientos

JJpD a propósito de los recientes nombramientos de...
Los trabajadores españoles obesos se dan de baja por enfermedad con más frecuencia

Según una investigación realizada en...
El clero regala 25.000 euros cuando recauda miles de millones por todo el Mundo, para ayudar a la población de África or…

El extraordinario y forzado gesto del Pontíf...
Es muy grave que la primera de la marea en liberalizar una asesoría sea Carmen Santos y lo haga en favor de su hermano, …

¿Cuáles serán las próximas liberalizaciones?....pr...
El equipo femenino del C.V. Emevé de Lugo participará la próxima temporada en la Superliga 2 en el grupo A.
Este descenso se debe a no disponer de suficientes...
Comezou en Santiago o XVII Congreso Internacional da Asociación Española de Estudos Irlandeses

Acto de inauguración na Facultade de Filoloxía ...

CORONAVIRUS
Hace no mucho tiempo escribía un articulo en el cual...
Un grupo flamenco denuncia que un hotel no les da habitación "por ser gitanos"
La Unión Romaní, cuyo presidente es el abogado gitano Juan...
ESPAÑA HUÉRFANA DE RECURSOS EN ESCENARIOS CADA VEZ MÁS CONVULSOS
Algunas actuaciones políticas y de rebote plasmadas en algún que...
Saludos cordiales desde Madrid, España, para Querétaro en México.
Estamos investigando noticias de politicos gallegos en Querétaro como por...
Artículo Periodístico 1.774º: “¿Vivimos en unas culturas que son muy primitivas?”.
¿Vivimos y existimos en una cultura y culturas que son...
Cuentas se niega a realizar un informe al juez sobre el auditor de Osasuna entre 2004 y 2012
El Instituto de Contabilidad y Auditoría de Cuentas (ICAC) ha...