ecl lunar jpg 1912095821Nesa madrugada, as 2.12 horas producirase o primeiro contacto do satélite co cono de penumbra, pero será as 3.07 horas cando se inicie a eclipse parcial. A lúa permanecerá eclipsada totalmente desde as 4.11 ata as 5.23 horas, e a partir dese momento volverá a estalo parcialmente unha hora máis, rematando completamente a eclipse ás 7.22 horas.
“Como aínda na fase total a lúa non chega a desaparecer de todo, amosará tonalidades vermellas, ocres e castañas debido aos raios tanxentes de luz solar que a atmosfera desvía cara a ela”, explica o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, José Ángel Docobo, en relación a un fenómeno popularmente coñecido como ‘lúa vermella’.  En canto a eclipses de Sol, e logo da parcial do 20 de marzo deste ano, haberá que agardar ata o 10 de xuño de 2021 para poder ver outra desde Galicia. A próxima total visible na Península será o 12 de agosto de 2026. Ano e medio despois observarase unha anelar o 26 de xaneiro de 2028.Terá lugar una eclipse total de Lúa que se verá en toda a Península++ {jcomments on}