O segundo volume da Colección Limiar do Instituto da Lingua Galega (ILG) aborda Os xogos de palabras na prensa gratuíta en galego: De Luns a Venres , cuxo autor é o xornalista e Premio Xerais de Novela 2015 Héctor Cajaraville Araujo.

O estudo de Cajaraville Araujo parte da análise dos elementos que se empregan na prensa gratuíta para a elaboración de titulares baseados en xogos de palabras, co obxecto de establecer unha clasificación segundo a súa motivación. Entre outras cuestións, o autor reflexiona sobre os mecanismos activados para a elaboración destes xogos, a importancia dun coñecemento compartido entre emisor e receptor ou a relevancia do contexto, o significante, os elementos paratextuais ou o propio sentido dos termos.

A Colección Limiar é unha iniciativa do Instituto da Lingua Galega (ILG) que busca consolidarse como vía para a difusión en soporte dixital de monografías orixinais centradas nalgún aspectos directamente relacionado coa lingüística e a filoloxía galegas. É un espazo que se ofrece de xeito preferente a investigadores novos e que dirixe o director do propio instituto Ernesto González Seoane, contando cun comité editorial con integrantes de procedencia internacional.

Os orixinais que se presenten para ser publicados nela deben superar un proceso de avaliación externa por pares. As linguas de publicación son galego, portugués, catalán, español, francés, inglés e italiano. Os textos deben ter unha extensión de entre 20.000 e 50.000 palabras. A colección inaugurouna o traballo de Carolina Pérez Capelo Toponimia e variación dialectal en galego. Os topónimos rematados en –oa, -oá, -úa, e –uá o pasado mes de xuño. Todos os número da Colección Limiar poden descargarse libremente a través da web do Portal Dixital de Libros da USC Lib{USC}.{jcomments on}

Apostando la suerte en las mejores páginas online

Aunque la suerte sea el factor más importante en el...

Qué limitaciones tiene estar en una lista de morosos

Dificultades para acceder a financiación, imposibilidad de cambiar de compañía...

Una hemeroteca virtual con miles de noticias sobre el español

Lengua y Prensa es un proyecto coordinado por Francisco M...

Planes de futuro: la maternidad, una etapa emocionante

Ser madre es el sueño de muchas mujeres, pero hay...

SERÁ OBLIGATORIO SABER CASTELLANO PARA SER PRESIDENTE DE LA COMUNIDAD

COMUNIDAD DE PROPIETARIOS DE MÁLAGA APRUEBA LA NECESIDAD DE SABER...

Un evento debe contar con una organización de primera

  Organizar un evento requiere pensar en cada uno de los...

¿Qué productos elegir para cada tipo de piel?

Para el cuidado de la salud, la belleza, el cuidado...

Análisis de la conducta de los presuntos expertos en analizar conductas

Perspectiva metapericial de informes y dictámenes policiales y privados Dr. (PhD)...

Otros articulos relacionados.....