O Banco Santander cobra comisións por retirada de efectivo nun proceso de tarxeta clonada e fraude recoñecido pola propia entidade

Se te clonan a tarxeta de crédito o banco saca tallada

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2015

UCGAL quere poñer o foco de atención sobre un caso que chegou á asociación relacionado cos roubos nas fraudes de clonación de tarxeta. Recentemente, unha das nosas asociadas levou unha desagradable sorpresa cando a súa entidade bancaria, neste caso o Banco Santander, lle informou de catro retiradas en efectivo feitas coa súa tarxeta en Seúl (Corea do Sur). Decontado, púxose en contacto coa súa entidade para avisar de que non fixera esas retiradas e pedir a anulación da tarxeta de crédito. Supoñemos que a tarxeta foi clonada xa que non houbo subtracción nin extravío.

Neste caso concreto, o Banco Santander devolveulle a nosa asociada o importe íntegro dos cartos subtraídos. Non obstante, pasados uns días, a entidade pasoulle varios cobros, cun importe total de 50,03 €, a súa conta corrente en concepto de comisión por reintegro no estranxeiro. O Santander, que previamente recoñecera que a nosa asociada fora vítima dunha fraude, cobroulle a comisión por retirada do efectivo roubado.

Esta organización considera que un feito como este é un abuso por parte do Banco Santander, entidade que "aproveitou" a fraude de clonación de tarxeta para aplicar comisións á vítima.

Ante este atropelo, queremos advertir ás persoas que fosen vítimas dun uso fraudulento de tarxeta e subtracción de cartos desde o estranxeiro que consulten coas súas entidades bancarias por se lles pasan cobros en concepto de comisión por retirada de efectivo no estranxeiro, xa que entendemos que ese pago está de máis.

Moralexa, se te clonan a tarxeta atento ás comisións.{jcomments on}

Los préstamos crecen y sus condiciones bajan.

Los préstamos online en verano tienen un incremento en su...

Cómo la tecnología influencia el sector de la moda

La tecnología ha facilitado muchas cosas para hacer la vida...

Primera demanda judicial contra Twitter Spain SL por suspender cuentas sin justificación ni revisión

Al Juzgado de 1ª Instancia de Madrid (DEMANDA) SOLICITANDO MEDIDAS CAUTELARES   Dr...

La AECC denuncia ante el Consejo de Europa a la Administración de Justicia Española

Madrid, 23 de agosto de 2018   La AECC denuncia ante el Consejo de...

Business over Tapas August 23 2018 Nº 270

Editorial: Democracy is a strange animal. People, sometimes hopelessly ill-informed...

Las redes sociales: Una excelente manera de hacer publicidad

Para nadie es un secreto que las redes sociales se...

Vestle supera su primer mes con éxito

El Grupo iFOREX lanzó el pasado mes de julio su...

Cómo prepararse para una crisis empresarial

Cuando se comienza una actividad empresarial el éxito nunca está...

Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi