P6220103 JPG 1912095821Vieito Villar, gaña o premio á mellor comunicación no Congreso da Asociación Mundial de Dereito Sanitario

O crecente desenvolvemento da administración sanitaria electrónica pode chegar a provocar unha discriminación indirecta contra un grupo cada vez maior da poboación, o das persoas maiores de 65 anos. Estes argumentos forman parte da comunicación coa que o investigador do grupo de Análise Xurídica-Económica Miguel Vieito Villar acaba de gañar o primeiro premio á mellor comunicación para investigadores novos no XXI Congreso da Asociación Mundial de Dereito Sanitario celebrado en Coimbra coa presenza de 200 expertos de todo o mundo.

 

O conxunto de persoas maiores de 65 anos representa máis de oito millóns en toda España e arredor de 655.000 en toda Galicia, comunidade autónoma na que a porcentaxe de maiores con respecto ao conxunto da poboación é do 24,26 por cento, fronte ao 19,5% do resto de España. Miguel Vieito apunta neste senso, que se trata dun colectivo ao que algúns estudos sociolóxicos cualifican como non experto no uso de novas tecnoloxías. Trátase dunha parte da poboación non familiarizada co uso de Internet ou mesmo de moitas ferramentas electrónicas. Ademais, engade o investigador no seu traballo, este é o grupo da poboación española cun nivel educativo máis baixo, ao ter coincidido coa época da posguerra.

 

A partir da análise de textos de bioética e de dereito sanitario tanto nacionais como internacionais, o investigador conclúe que o desenvolvemento da xestión electrónica no ámbito sanitario e as novas políticas neste eido deben acompañarse da potenciación e mantemento de métodos tradicionais de acceso tanto aos rexistros como aos procedementos (queixas, acceso aos comités de ética ou programas de seguimento para enfermidades crónicas), así como de formación e programas de adestramento para persoas maiores ou mediadores que facilitan o seu acceso ao mundo dixital.
Miguel Vieito, sen esquecer o valor engadido que achega a administración electrónica no eido sanitario, chama a atención sobre a necesidade de facela compatible cos principios recollidos en diferentes convencións, tratados e leis tanto nacionais como internacionais que buscan configurar un sistema no que a información proporcionada ao paciente deberá ser adecuada, apropiada e transmitida dunha maneira comprensible á vista da súa capacidade para entendelo.
Otros articulos relacionados.....
esafsqarhyazeubebgcazh-CNzh-TWhrcsdanlenettlfifrglkadeelhtiwhihuisidgaitjakolvltmkmsmtnofaplptrorusrskslswsvthtrukurvicyyi